Bercamel desembarcará o domingo na Praza do Concello

La Voz CARBALLO / LA VOZ

AGRICULTURA

BASILIO BELLO

Haberá un amplo abano de produtos elaborados con mel e mesmo dúas catas

07 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A feira Bercamel, «referencia no sector da apicultura galega», presume o Concello de Carballo, celebrará a súa cuarta edición o próximo domingo na Praza do Concello. Un ano máis, está organizada pola Asociación Galega de Apicultores coa colaboración da Concellaría de Feiras e Mercados.

Segundo explica o delegado de AGA na comarca, o carballés Víctor Tasende, dende as 9.00 ata as 14.30 horas, todas as persoas que se acheguen ata os postos descubrirán un amplo abano de produtos elaborados con mel, e mesmo poderán saborealos con dúas catas de meles galegos ás 11.30 e ás 13.15. Ademais, entre os que se animen a mercar nos postos, sortearanse dúas cestas como xa é habitual.