Patrocinado porPatrocinado por

Medio Rural promove axudas para mercar maquinaria en réxime asociativo

la voz REDACCIÓN

AYUDAS

PALACIOS

Quere impulsar a introdución das novas tecnoloxías no campo, racionalizar os custos de mecanización, incrementar a seguridade e reducir as emisión de gases contaminantes

14 may 2019 . Actualizado a las 10:42 h.

O uso das novas tecnoloxías ten revolucionado nos últimos anos o traballo no campo. Agora a Consellería de Medio Rural quere impulsar á tecnoloxificacion do sector agrogandeiro cunhas axudas para fomentar o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Para este ano estas subvencións contan cun orzamento de 2,8 millóns de euros, tal e como recolle o informe presentado por ese departamento da Xunta no Consello do Goberno galego desta semana. A convocatoria sae hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia e, segundo avanzaron dende a Xunta, os solicitantes contarán cun mes de prazo para solicitalas

Ademáis da modernización dos medios de traballo, enganden dende Medio Rural, «outro dos obxectivos das axudas é incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético co fin último de mellorar a calidade de vida no rural». 

O importe da axuda será do 35 % dos custos, unha porcentaxe que poderá incrementarase ata un máximo do 50 % en función de criterios que priman a localización da entidade en zonas con limitacións naturais e o feito de que o beneficiario proceda dunha fusión de cooperativas.

Para a concesión destas achegas valoraranse determinados aspectos relacionados coa entidade asociativa, como a súa tipoloxía, no sentido de se son cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación (SAT) ou cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA). Ademais, tamén se avaliará o valor contable do parque de maquinaria agrícola da entidade, a facturación media aos socios dese parque ou a porcentaxe de mulleres que integren o consello reitor da cooperativa.