Silleda 13 de agosto: Récord de prezo para un becerro carniceiro

Somos Agro REDACCIÓN

COTIZACIONES

nado nunha granxa de Lalín foi adquirido por 1.754 euros

13 ago 2019 . Actualizado a las 17:28 h.

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou esta mañá un récord absoluto no prezo pagado por un becerro carniceiro. Foron 1.754 euros, o que desbanca o récord acadado o 11 de xullo do 2017 cando un animal das mesmas características foi mercado por 1.638 euros. O exemplar que bateu o récord naceu nunha granxa de Lalín o pasado mes de decembro. Foi adquirido por unha empresa cárnica de Ourense.