Ovellas galegas manteñen o traxe de inverno para debutar nos desfiles da Semana Verde
GANADERÍA
![](https://img.lavdg.com/sc/XojgM-wkNvkaMdoi25GAuDBA_cU=/480x/2019/05/30/00121559226962537607865/Foto/GY27P10F2_163518.jpg)
Non tiñan acudido antes porque en xuño xa estaban esquiladas, pero este ano varios gandeiros deixaron exemplares sen rapar para que puideran soltar a melena no primeiro certame morfolóxico desta raza. A cabra galega tamén acudira por primeira vez.
31 may 2019 . Actualizado a las 12:08 h.Vacas cachenas. Caldelás. Frieiresas. Limiás. Vienesas. Porco Celta. Cabalo de Pura Raza Galega. Galiña de Mos. Animais de todas estas razas autóctonas galegas volverán a desfilar a semán que ven na Feira Internacional Abanca Semana Verde, que se celebra entre o 6 e o 9 de xuño. Farano para participar nos seus respectivos concursos morfolóxicos, un evento no que os mellores exemplares _machos e femias_ de cada unha destas razas mostrarán o seu poderío autóctono. Pero este ano, fartas de ir á feira para vela dende a bancada, as ovellas de raza galega tamén terán o seu concurso. ¿Por qué non participaron antes? «Polo rapado do animal. Porque nesta época o habitual é que xa lles quitaran a lá», explica a directora técnica da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega) e a Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega (Capriga), a veterinaria Silvia Adán. O qu pasou este ano é que alguns ganderios, de forma voluntaria, deixaron ovellas con lá para poder participar no concurso. Eso que as ovellas, eso da calor, non o levan ben.
¿E cómo son as ovellas galegas? Rústicas. Saben adaptarse ao medio. Son axeitadas para a gandeiría extensiva e aínda que son moi boas nais, o seu aproveitamento fundamental é a carne. Eso que agora tamén empeza a demanda de lá. Pero ademáis son coquetas. Teñen un fociño alongado, orellas pequenas, extremidades finas e firmes coas que camiñan con aplomo e, o que probablemente máis poida sorprender, é o tupé que máis que tupé é un moñico que levan na cabeza.
Pero estas estilizadas ovellas non serán as únicas que, por primeira vez, terán un concurso morfolóxico propio. Tamén debutará a cabra galega. Non foi antes porque, como explica a directora técnica de Capriga e Asovega, «non habia exemplares bastantes para poder organizalo». De feito, engade, aínda que a raza estaba catalogada, non tivo libro xenealóxico ata o 2013. teñen a cabeza pequena, cornos que fan un arco, a cor da capa é entre caoba e rubio...
De feito, a cabra galega _cun acusado bimorfismo sexual_ foi a última raza autóctona galega en comezar a recuperarse. Todas as catalogadas na actualidade _agás a rubia galega_ están en perigo de extinción.