Medio Rural dedicará o ano que vén máis de 7,1 millóns de euros para sanidade animal
GANADERÍA
Galicia está decñarada indemne de brucelose bovina, ovina e cabrúa e a tuberculosa bovina
25 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Consellería do Medio Rural contará no ano 2026 cun orzamento de algo máis de 7,1 millóns de euros para levar a cabo programas de sanidade e produción animal. Así o recolle o proxecto de acordo elevado hoxe ante o Consello da Xunta como medida para manter o estatus sanitario do gando galego que, segundo a Xunta, actualmente está nunhas «condicións excepcionais». Porque na actualidade Galicia está declarada de xeito oficial «indemne a enfermidades como a brucelose bovina, ovina e cabrúa e a tuberculosa bovina. Ao mesmo tempo tamén está libre de leucose bovina ou de perineumonía bovina».
Este presuposto vai dirixido a realizar traballos de diagnóstico, toma de mostras e a súa posterior análise para detectar enfermidades que afecten os animais de explotación, correspondentes aos programas de erradicación de tuberculose bovina e a brucelose bovina, ovina e cabrúa, entre outros. Tamén se executarán os programas de vixilancia de doenzas como a leucose enzoótica ou a perineumonía contaxiosa, así como o plan de vixilancia sanitaria na fauna silvestre. Estas actuacións executadas mediante encarga a Tragsatec compleméntanse cos traballos que xa fan os servizos veterinarios oficiais de xeito ordinario, como din dende a Xunta.
A incidencia das enfermidades do gando en determinadas zonas, xunto coas características propias da produción, manexo, condicións e movemento dos animais, fan necesario adoptar medidas sanitarias que permitan minimizar o risco de contaxio e establecer o control destas. Ao respecto, este investimento destinarase tamén a supervisión, control e realización da limpeza; e a desinfección e desinsectación de explotacións gandeiras, estruturas anexas e lugares de concentración de animais que puidesen supor un risco para a transmisión e mantemento destas enfermidades.
