Estes proxectos mostran que hai «moitas oportunidades» no rural: dende Outonía Sociedade Cooperativa Galega a Muiñeiras de Requiande
SOSTENIBILIDAD
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou as «moitas oportunidades» que ofrecen as zonas rurais para emprender durante a entrega dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural
10 dic 2024 . Actualizado a las 17:11 h.«Vivir no rural e do rural é posible e merece a pena, ademais de ofrecer moitas oportunidades». Eso foi o que destacou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante a entrega dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural. No acto, celebrado no Panteón de Galegos Ilustres, recoñeceuse o labor de proxectos e iniciativas que contribúen ao progreso das comunidades rurais galegas. Estos foron os galardoados:
Na categoría Mocidade, o primeiro premio foi para a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns, mentres que Artio Nutrición, de Dodro, foi finalista polo seu traballo na creación de emprego coa venda de bebidas isotónicas. Na categoría Paisaxe Rural, destacou o Ecomuseo, el país del abeyeiro, premiado polo seu labor na recuperación da biodiversidade, seguido por Máis ca leña, que quedou finalista por promover novos usos do monte comunal.
Entre os Proxectos de interese social, a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer (Agadea) obtivo o primeiro galardón, mentres que Aixiña foi finalista, ambos centrados na mellora da calidade de vida de colectivos vulnerables. No sector turístico, foron premiados Solpor Camper Park Experience e Aldea do Mazo, que demostran a viabilidade de dinamizar espazos abandonados.
Compromiso co sector agrogandeiro e a innovación
No eido agrogandeiro, Moexmu, a feira de Cospeito, recibiu o primeiro premio, mentres que Enflor Agroecoloxía foi finalista por fomentar o consumo sustentable. Na categoría de mulleres, destacaron Outonía Sociedade Cooperativa Galega e Matria, cheas de vida, que promoven a solidariedade e a loita contra o despoboamento.
En Innovación tecnolóxica, Muiñeiras de Requiande foi galardoada por un proxecto de economía circular que combina tradición e innovación, e Calabizo foi finalista cun embutido vexetal elaborado a partir de cabaza. Finalmente, na categoría Recuperación e posta en valor da terra agraria, o premio recaeu na Aldea modelo de Meixide, mentres que a Recuperación de terras abandonadas no Incio foi recoñecida como finalista.
Durante o acto tamén interviu a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, destacou no acto o enxeño galego e a capacidade de adaptación das comunidades rurais, subliñando a responsabilidade colectiva de traballar por unha Galicia máis inclusiva e sustentable. A entrega contou coa presenza de representantes institucionais e autoridades do ámbito rural e turístico galego.