Patrocinado porPatrocinado por

Once persoas remataron o curso de peixería celebrado en Narón

La Voz NARÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

Entrega de diplomas de peixería en Narón
Entrega de diplomas de peixería en Narón Cedida

Catro delas xa traballan en peixerías da zona

28 oct 2024 . Actualizado a las 08:10 h.

Un total de once persoas, oito homes e tres mulleres, remataron o curso de peixería organizado polo Concello de Narón. Os diplomas foron entregados este venres pola alcaldesa Marián Ferreiro e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, nun acto celebrado no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Este curso está enmarcado no programa municipal desta área e cofinanciado pola Unión Europea.

Catro das persoas xa están actualmente traballando en peixerías da zona. Segundo destacou a alcaldesa «temos que valorar moi positivamente a inserción laboral deste curso, que no propio mes de finalización da actividade xa alcanza o 37 %». As clases iniciáronse o 17 de xuño e remataron o 10 de outubro, cun total de 400 horas con prácticas incluídas e con 15 horas en módulos transversais, dúas visitas e dúas charlas.

Un total de 15 persoas iniciaron este curso (que contou con 29 solicitudes), pero no período das prácticas continuaban 13. «Queremos agradecer tamén a implicación das empresas nas que o alumnado realizou as prácticas, Gadis, Froiz, Eroski Neda e A Túa Lonxa, por ofrecerlles a posibilidade de poñer en práctica o aprendido durante as sesións teóricas», destacou Ferreiro.

A formación dirixíase a persoas desempregadas e impartiuse en horario de mañá. Houbo clases para o coñecemento e diferenciación de pescados e mariscos, a súa recepción, almacenamento e conservación, tratamento e preparación, atención ao público ou prevención de riscos laborais.