Patrocinado porPatrocinado por

Mexillón, atún e anchoa póñense en valor coa iniciativa «De Pobra a Portosín, tapeando polo mar»

Ribeira

CONSUMO MAR

Apertura De Pobra a  Portosín, tapeando polo mar
Apertura De Pobra a Portosín, tapeando polo mar Marcos Creo

A cita celebrarase as fins de semana ata o 7 de xuño e conta con 45 negocios hostaleiros participantes

17 may 2025 . Actualizado a las 01:38 h.

A unión da Asociación de Empresarios da Pobra, presidida por José Antonio Vidal; Azul de Portosín, co patrón maior, Isaac Gaciño, ao fronte, e hostaleiros de Ribeira fixo posible a posta en marcha da iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, na que 45 establecementos hostaleiros elaborarán tapas creativas empregando mexillón, atún e anchoa. A campaña, que conta co apoio económico da Consellería do Mar, comezou onte na vila pobrense contando coa presenza do conselleiro Alfonso Villares e do rexedor, José Carlos Vidal.

Desenvolverase os días 17, 30 e 31 de maio, así como o 6 e 7 de xuño. Os produtos protagonistas rotarán entre as tapas que se elaboren nas tres localidades, de modo que en cada unha delas haberá cada fin de semana actividades centradas nestes produtos do mar.

Entre os alicientes para fomentar o consumo entre veciños e visitantes figurarán a realización de showcookings en directo a cargo de cociñeiros e hostaleiros locais e tamén foodtrucks con propostas culinarias.