Adeus a Alfonso Álvarez Cáccamo, o escritor que seguiu o ronsel cultural dos grandes galeguistas

Luis Carlos Llera Llorente
Luis Carlos Llera VIGO / LA VOZ

VIGO

XOAN CARLOS GIL

O autor de «As baleas de Eduardo Reino» e «Xente de mala morte», finou aos 71 anos no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

05 mar 2024 . Actualizado a las 01:05 h.

Foi un dos escritores que mellor retratou a morte e usou a ironía para diseccionar a relación dos seres humanos co tránsito ao máis alá. Alfonso Álvarez Cáccamo, que faleceu hoxe no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo aos 71 anos, dicía que os galegos son «os que mellor nos achegamos á morte». Tiña claro que resultaba moito máis práctico preocuparse «polas cousas que son evitables».

O autor deixa en herdanza unha prolífica obra como novelista, poeta, ensaísta, narrador e articulista. Entre ela, está o libro polo que foi gañador do premio Xerais de novela no ano 1990, As baleas de Eduardo Reino. De ela dixo el mismo que era una obra humorística pero cun fondo tráxico, o drama dun home solitario, o ser que se volve arrogante e queda só. Nos seus escritos estaban presentes personaxes que salpican Galicia, como os contrabandistas, e abordou problemáticas como a dos xóvenes en paro. En Xente de mala morte, obra que formou parte da colección Biblioteca 120 de La Voz de Galicia, también falou dese telón de fondo que todos temos que descorrer tarde ou cedo e que el afrontaba con serenidade.

Xosé Cid Cabido e Alfonso Álvarez Cáccamo
Xosé Cid Cabido e Alfonso Álvarez Cáccamo BENITO

Alfonso Álvarez presumía de compromiso ideolóxico e da súa maneira de entender a vida cunha retranca, presente nas súas obras, que estaba mo alonxada da comicidade simplona de outros escritores. Con modestia, sentíase membro dunha estirpe de autores que fixeron e fan da ironía unha arte, como Castelao, Risco, Rivas ou Cid Cabido. Un humor que o achegou, igualmente, aos grandes clásicos ingleses como Oscar Wilde o Chesterton. A súa derradeira obra coñecida foi O destino de Claresocura Lens, publicada no 2022 pola editorial Biblos.

Fillo do galleguista Xosé María Álvarez Blázquez, lembraba a súa infancia e xuventude nun ambiente que propiciaba a sabedoría e a escoita de mestres como o seu propio pai e amigos deste como Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e Francisco del Riego. Era un gran admirador do seu proxenitor e de toda a súa xeneracion. «A gran sorte de miña vida», recordaba con nostalxia ao rememorar a estas celebridades galeguistas que protagonizaban tertulias na casa familiar.

Alfonso Álvarez Cáccamo recibe o premio De catro a catro
Alfonso Álvarez Cáccamo recibe o premio De catro a catro BENITO

A herdanza e o cariño do seu pai foron decisivos e o levaron a un tributo de dous libros biográficos sobre a súa figura. Dixo que foi o máis difícil que tivo que escribir na súa vida porque a paixón filial podía cegar as súas semblanzas e quixo retratalo con obxectividade. Con esa xenética y eses referentes, non son de estrañar os seus logros e premios, e o xeito de condensar un universo íntimo no que bebeu tamén da literatura de Jules Verne, o escritor que recalou na ría de Vigo e potenciou o maxín de moitos mozos como el, desenvolvendo unha enorme capacidade para novelar, o que máis lle gustaba. Aínda que cultivou moitos xéneros, onde se sentiu máis realizado foi na narrativa; cun bo argumento sentíase feliz. Hoxe escribiu o final da novela de súa vida, que levou con sabedoría.