As Neves acolle a Festa do Tinto Rías Baixas

La Voz AS NEVES / LA VOZ

AS NEVES

CEDIDA

A inauguración da festa terá lugar a partir das 20.00 horas na praza Maior, con Pandereteiras de Vide

24 jul 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

O Concello das Neves celebra hoxe e mañá unha nova edición da Festa do Tinto Rías Baixas. Abriráse a festa ás 19.00 horas con obradoiros infantís no Mercado Municipal. A inauguración da festa terá lugar a partir das 20.00 horas na praza Maior, con Pandereteiras de Vide, grupo Son das Tabernas (22.30h) e o DJ Pitty (1.00h). A actividade enogastronómica do día será a Cea Maridaxe con catro tintos.