Juan Carlos y Bruno trabajan como limpiadores: «A xente ten que acostumarse a ver homes en traballos que historicamente foron de mulleres»

YES

El primero lleva más de 30 años limpiando el hospital Materno Infantil de A Coruña y en el caso del segundo, su incorporación es más reciente: «Puiden coidar da miña filla grazas a ter este traballo», dice el más veterano
10 jun 2025 . Actualizado a las 12:35 h.Juan Carlos Noya lleva prácticamente toda su vida laboral dedicado a la limpieza de instalaciones del hospital Materno Infantil de A Coruña, a través de la empresa Ilunion. Empezó limpiando los suelos y los cristales del complejo hospitalario hace 30 años, pero reconoce que ahora, salvo las camas, hace prácticamente de todo. Y feliz. No es que tuviera una vocación dirigida a este sector, sino que la casualidad hizo que le surgiera esta oportunidad y la aprovechó. «Presenteime a unhas oposicións e non aprobei. Apareceu este traballo de limpeza e púxenme a limpar. Tiña 19 ou 20 anos. Había máis homes traballando, pero daquela nada máis que faciamos cristais e o chan. Agora faise de todo. Tanto podes limpar unha habitación, como as fiestras, como coller unha máquina de limpeza ou limpar un quirófano. Tamén facemos as habitacións», cuenta.
Juan Carlos explica que antes de empezar a trabajar en limpieza tenía poca experiencia laboral: «Traballei dous anos nunha empresa de rótulos e despois nunha empresa de son. Pero como me pagaban mellor na limpeza ca na miña profesión, pois cambiei. Neses traballos non te aseguraban pola xornada completa e se o facían, traballabas 13 horas e cobrabas o salario mínimo. Entón, decidín pasarme á limpeza que, polo menos, me pagaban polo que facía».
«O MACHISMO ESTÁ AÍ»

Sobre si en aquella época tuvo algún tipo de reparo a la hora de efectuar el trabajo, dice que ninguno. Todo lo contrario. «Porque aquí eu teño vacacións, un soldo fixo e sei que fago esas horas. Tiven moi claro que gañei para mellor». Además reconoce que en casa también se reparte las tareas con su mujer: «Entre a muller e mais eu facemos o que hai que facer na casa. Pero é certo que a limpeza segue sendo un traballo moi feminino. O machismo está aí. É triste recoñecelo, pero é así. Hai cousas que, por exemplo, eu non fago na casa, como recoller a roupa».
Respecto a si hay algún tipo de recelo con el hecho de que sean hombres, Juan Carlos responde: «Home, retintín vai haber toda a vida. É inevitable. Ao mellor un día estás coa máquina e pensan que non estás facendo nada. Ou ao revés, algún traballo que facemos e che din que se o tivesen que facer elas... Por exemplo, estar todo o día limpando fiestras, porque cando toca, tes ganas de acabar a xornada. Eu penso que teño sorte con este traballo, porque traballamos seis horas e media e temos media hora para o bocadillo», comenta.
En cuanto al hecho de si todavía hay gente que tiene reparos al verlo pasar la fregona y la mopa, dice que sí, sobre todo, en algunas zonas donde el acceso está restringido en exclusiva a las mujeres. «Se vai un home a plantas femininas ou a vestiarios ou a baños femininos, parece que aínda hai algo de reparo. Nós imos limpar e gustaríanos que nos consideren profesionais», indica, aunque es consciente de que el hecho de que forme parte del equipo de limpieza contribuye también a eliminar este tipo de prejuicios.
Aun así, tanto si es un hombre como una mujer quien limpia, bromea con el hecho de que es una profesión poco agradecida. «Todo o mundo quere ter todo limpo sen verte diante», asegura con gracia.
A su edad, Juan Carlos cree que acabará jubilándose en este sector, porque él considera que es un buen trabajo: «Temos un bo convenio. Cobramos todos os meses antes de que termine o mes, temos quenda fixa de mañá. A miña é de sete a dúas da tarde. Temos vacacións, máis días libres dos que hai noutros traballos... temos moitas vantaxes. E temos inconvenientes? Tamén. Pero o bo está por enriba do malo».
Cuando habla de esos inconvenientes, Juan Carlos no puede evitar acordarse del covid. «Ter que meterte a desinfectar unha zona cando non sabes cómo enfrontarte a iso, pois vas con moito respecto. Iso foi duro, moi duro. Os primeiros días duchábame antes de saír para a casa e pensaba: ‘A ver se non o levo para a casa’», dice mientras cuenta que contrajo el covid tarde, cuando ya estaba vacunado. «Eu síntome un profesional da limpeza. Así que estou contento», insiste.
De la misma opinión es su compañero Bruno Figueroa, aunque al contrario que Juan Carlos, él trabajó de muchas cosas antes de acabar en el servicio de limpieza del hospital materno infantil de A Coruña. «Pasei por moitos sectores. Estiven antes disto en hostalería, e anteriormente tamén estiven emigrado. Despois traballei en educación e en informática, que é a miña formación. Pero pasei por moitos sectores. Tamén fun socorrista, adestrador de fútbol... Acabei aquí polo que dicía o meu compañeiro, as condicións son boas, e podo compaxinar a vida familiar e iso é importante», explica.

«Eu antes estaba en hostalería e eran bastantes horas. E coma todo o mundo, gústame tamén compartir o tempo libre cos fillos e coa familia. Nunca tiven reparo por traballar en limpeza. É un traballo máis. Dá igual. Xa traballei de tantas cousas... Mentres me paguen, eu estou contento» dice. «Para min o traballo é traballo. Todos son dignos mentres se fagan con profesionalidade e poidas labrarte un futuro e ter unha vida na que non teñas que estar en dous ou tres sitios mal pagados. Calquera traballo é digno. Desde o que vai varrer as rúas ata o enxeñeiro que fai un camiño ou o médico que salva a unha persoa. Ao fin e ao cabo, todo se gaña dignamente», sentencia Bruno, que además cuenta que él siempre participó en las tareas domésticas de su casa. «Eu xa limpaba, pasaba o ferro, facía de comer e o que fixese falta. Xa me ensinaron de novo e xa o facía antes de traballar aquí. Non me fixo moita falta aprender», comenta este trabajador que cumple 45 años en agosto.
Cambio de mentalidad
Bruno se siente identificado con las reticencias que antes comentaba Juan Carlos cuando tienen que realizar un trabajo de limpieza en zonas exclusivas de mujeres, como en baños o vestuarios femeninos. «É un cambio de mentalidade e a xente ten que acostumarse a ver a homes en traballos que, historicamente, foron máis representados por mulleres. Os homes tamén podemos participar e habería que ver con normalidade que eu entre a limpar nunha habitación dunha muller que acaba de ter un neno. Debería ser tan normal verme a min como ver a unha muller. E non é unha cuestión de xénero, é unha cuestión de profesionais que están facendo o traballo», aclara, mientras reconoce que solo es una cuestión de tiempo que se eliminen estas reticencias: «Si, é tempo, que pouco a pouco se vexa que tamén somos profesionais».
Sin duda, una de las cosas que más valora de su trabajo es poder tener tiempo para su familia: «Nós somos familia numerosas, e a miña muller tamén traballa. E aínda que nos compatibilizamos bastante ben tanto nas tarefas domésticas coma no coidado dos rapaces, este traballo me permite iso. Antes estaba en xornadas partidas e traballaba moitas máis horas. Ademais o tema das vacacións era distinto. Entón, nese aspecto foi unha mellora substancial», reconoce. «Eu puiden coidar da miña filla grazas ao meu traballo, porque se tivese outro en xornada partida, tería que buscarme a vida doutra forma. E no caso do meu compañeiro, que ten tres fillos, pois aínda penso que debe ser máis, porque eu teño unha filla soa», puntualiza Juan Carlos. Y le toma el relevo Bruno: «Sen dúbida, o que máis me gusta do meu traballo é que podes compatibilizar a vida profesional coa familiar e que temos unhas boas condicións e un salario digno. Estiven en empresas que non te pagaban ao mellor en tres meses, aínda que estiveras hipotecado. E aquí pagan antes de que acabe o mes», relata, y confiesa que le gustaría que la gente fuera un poco más cívica: «O que menos me gusta é que moita xente fai no hospital cousas que ao mellor non faría na súa casa. Esa falta de civismo sorpréndeme. Non sei se é falta de educación». Un comentario para hacer reflexionar.