TEMA Francisco Fernández del Riego

Últimos artículos publicados

16 may 2001

Galicia dá lustre hoxe ás súas letras

A FESTA DA PALABRA / A Real Academia Galega reúnese en sesión pública no mosteiro de San Clodio para homenaxear a Eladio Rodríguez «Esta semana xa sabes: poña un escritor na súa mesa», ironiza unha autora galega explicando o feixe de peticións recibidas para participar en todo tipo de institucións falando do Día das Letras Galegas. Galicia quere hoxe darlle lustre ás súas letras, unha xornada na que o mediodía terá lugar o acto central da celebración no mosteiro de San Clodio, en Ourense. Alí, os membros da Academia participarán nunha sesión extraordinaria pública para homenaxear a Eladio Rodríguez González. Case á mesma hora, na alameda de Compostela terá lugar unha manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema «O galego no ensino, materia pendente». No resto de Galicia o número de actos son incontables.

RODRI GARCÍA

14 may 2001

Antón Riveiro recibe el premio Álvaro Cunqueiro por su novela «Homónim@»

La ceremonia de entrega del galardón literario se celebró ayer en el Pazo de Castrelos El escritor ourensano Antón Riveiro Coello es el ganador de la quinta edición del premio de narrativa Álvaro Cunqueiro, que convocan conjuntamente los concellos de Vigo y Mondoñedo desde 1991. El galardón que el autor recibió ayer en el Pazo de Castrelos de manos del Alcalde, Pérez Castrillo, corresponde a la convocatoria de 1999 ya que el certamen tiene carácter bienal. El premio tiene una dotación de dos millones de pesetas y el número total de trabajos presentados fue de cuarenta y nueve.

B.R.S.

08 may 2001

La Voz en papel entregará mañá un especial sobre Eladio Rodríguez

O monográfico recolle traballos de doce expertos sobre o lexicógrafo ourensán Entre as iniciativas destinadas a divulga-la vida e a obra de Eladio Rodríguez González, La Voz de Galicia publicará mañá un suplemento monográfico sobre a figura á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Ademais, o vindeiro día 17 de maio co periódico do día entregarase un libro especial, o «Breviario enciclopédico don Eladio».

REDACCIÓN

05 may 2001

A Fundación dos Premios da Crítica nomea Galego Egrexio a Sotelo Blanco

O editor recibirá o galardón o vindeiro día 12 na tradicional cea das Letras Galegas Emigrante que se integrou en Cataluña sen esquencer a súa condición de galego, editor e presidente do Centro Galego de Barcelona, Olegario Sotelo Blanco será o noveno Galego Egrexio que distingue a Fundación dos Premios da Crítica de Galicia, tal como adiantou onte o presidente desta entidade, Xosé González Martínez. Sotelo Blanco recibirá o galardón na tradicional cea das Letras Galegas o vindeiro día 12, data na que se darán a coñecer os Premios da Crítica correspondentes ó ano 2000.

MARTA F. PEDRERA

30 abr 2001

La colección Auria incluye un libro sobre Castelao y otro de poemas ourensanos

Las obras forman los volúmenes tercero y cuarto del proyecto editorial del Concello La colección Auria del Concello de Ourense incorpora dos nuevos títulos: «Castelao no seu tempo. Unha perspectiva ourensá» y «Ourense, craro río, verde val. A cidade na voz dos seus poetas». El primero recoge las ponencias del ciclo «Castelao e o seu tempo celebradas hace unos meses en esta ciudad. El segundo libro ofrece una serie de poemas relativos a Ourense, desde la Edad Media hasta nuestros días, realizada por Marcos Valcárcel. Con estos dos nuevos volúmenes la colección alcanza los cuatro títulos.

J.M.G.

29 abr 2001

Gómez y Del Riego, en boca de todos

El presidente del Celta es la personalidad más conocida de Vigo y el escritor galleguista el más valorado Los vigueses siguen siendo generosos a la hora de valorar a los personajes más conocidos de la vida pública de la ciudad. Según el barómetro de primavera realizado por la empresa Sondaxe, ninguna de las seis personalidades analizadas en el trabajo suspende en la valoración que de ellos hacen los encuestados, tal y como sucedió en los anteriores trabajos demoscópicos. Además, los vigueses siguen evidenciando un gran conocimiento respecto a las personas relacionadas con el fútbol, una muy buena valoración hacia las que son consideradas como referentes culturales, dejando por último sus peores impresiones para los representantes políticos.

REDACCIÓN

02 abr 2001

O mundo da cultura galega despide a un «home xovial, elegante e de boa escrita»

Marino Dónega foi redactando unhas memorias que, segundo Carlos Casares, «dan para facer un libro» «¡Non me digas! Morreu Marino ... Sabía que estaba mal pero estas cousas nunca pensas que van pasar». As xentes da cultura recibían na tardiña de onte a nova. A primeira lembranza era a dunha voz esgazada, case inaudible, e un sonriso, ou ás veces unha gargallada, dun galeguista retranqueiro e irónico. Era, en palabras de Salvador García Bodaño, «o sorriso do galeguismo». Hai pouco menos dun ano dicía en La Voz de Galicia: «Empecei unhas memorias, pero ando desmemoriado». De tódolos xeitos, deixounas escritas.

RODRI GARCÍA

02 abr 2001

Falece o galeguista Marino Dónega

MORRE O SORRISO DO GALEGUISMO O finado foi presidente de Galaxia e case vinte anos secretario de Real Academia Galega Apagouse o seu sorriso. Calou a súa voz esgazada. Caía a tarde do domingo, a brétema empezaba a entrar desde o mar cando chegou a noticia: Morreu Marino Dónega Rozas. No seu carné de identidade dicía que nacera en Huelva pero foi un home sempre comprometido con Galicia. Desde hai tempo tiña «un cancro de larinxe con metástase», lembraba onte Fernández del Riego, sen agochar a súa dor pola morte do amigo. A familia quere que o enterramento teña lugar na intimidade, non reciben dó e, únicamente, terá lugar unha misa funeral hoxe, ás 20.30 horas, na igrexa de Santa Lucía, na Coruña, cidade na que morreu.

REDACCION

02 abr 2001

Marino Dónega, incinerado no cemiterio coruñés de Feáns

Á cerimonia asistiu só a familia e un pequeno grupo de amigos, encabezados por Fernández del Riego O sol do mediodía puxo un pouco de calor. A comitiva botou a andar polos camiños do cemiterio de Feáns, na Coruña. Herba verde, flores, cipreses, paxaros ao lonxe, unha das mil primaveras de Cunqueiro despedía a un home, que sen ter nacido en Galicia, fixo desta terra a súa patria. O cadaleito de Marino Dónega marchaba cara o crematorio. Detrás, o seu fillo Fernando (de gran parecido físico ó pai), familiares e un pequeno grupo de amigos encabezados por Francisco Fernández del Riego.

REDACCIÓN