O autor de «Memorias dun neno labrego» cubriría unha das catro vacantes da entidade que preside Del Riego Xosé Neira Vilas pode ser o próximo que ingrese na Real Academia Galega. O autor de «Memorias dun neno labrego», o libro con máis exemplares vendidos da literatura galega, sona coma o seguinte notable que accederá á institución que se creou en 1905 na Habana, impulsada por Curros Enríquez. A Academia cubrirá no 2001 as cinco novas cadeiras creadas o ano pasado, cando os seus membros acordaron aumentar a 30 os 25 académicos a que reduxo nos primeiros anos oitenta os 40 con que se constituíu.
CONCHA PINO