30 jun 2024
Shozo Nakanishi, tradutor de Rosalía, Lorca e Luz Pozo: «Ao embaixador xaponés en Madrid díxenlle: «Como que non coñeces a Rosalía? Tes que ir a Padrón»
«O xaponés de Hiroshima ten un acento propio, como o galego», asegura o autor que leva a nosa lírica ao país do sol nacente. Este poeta que foi banqueiro visita estes días Galicia para presentar a edición xaponesa de «Concerto de outono», pura mística do amor ante a morte