As Letras acaparan a axenda deste 16 de maio na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Caxoto, onte, nun acto das Letras Galegas en Coristanco:  Unha galaxia chea de letras galegas
Caxoto, onte, nun acto das Letras Galegas en Coristanco: Unha galaxia chea de letras galegas Ana García

Teatro e contos dominan as propostas deseñadas. Na Laracha será noite de concerto de Luar na Lubre

16 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O concerto de Luar na Lubre na Laracha é unha das citas máis destacadas deste martes na Costa da Morte (todos os detalles, aquí), pero non a única en torno ás Letras Galegas na presente xornada. Máis propostas:

Tamén A LarachaHoras antes da actuación da formación folk, a Casa da Cultura larachesa acollerá a primera das sesións dun festival de teatro infantil impulsado polo Concello como parte da programación arredor do 17 de maio. Será ás 18.00, a cargo de Inventi Teatro, co espectáculo «As palabras perdidas». De balde.

VimianzoCon «Cantares das letras», de Luís Vallecillo, conmemorará hoxe o Concello de Vimianzo esta efeméride. Destinado a alumnado dos centros educativos do municipio, é un espectáculo que mestura xogos, bailes e teatro arredor de autores como Carlos Casares, Rosalía de Castro, Manuel María ou Carvalho Calero: 10.30 horas, auditorio da Casa da Cultura. Unha boa ocasión para visitar na biblioteca municipal, doutro lado, a mostra sobre Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano.

Tamén en Vimianzo, aínda que fóra do ámbito das Letras, está prevista para as 18.00 horas no pavillón a clausura das Escolas Municipais de Patinaxe, Taekwondo e Tiro con Arco.

Malpica«Malpica nun mar de letras» é como deu en chamar o Concello á súa programación polo 17 de maio. Para as 11.00 horas de hoxe, no auditorio do centro cívico, está programada a representación da obra «A viaxe feliz de Ramón San Fiz», a cargo de Fantoches Baj. A compañía terá como público a alumnado do colexio Joaquín Rodríguez Otero de Buño, CEIP Milladoiro e Escolas de Mens e Barizo.

Monte Torán (Vimianzo) • Bamiro está hoxe de festa por Nosa Señora de Monte Torán: misas ás 10.00, 11.00, 12.00 e 13.00 (solemne). Acompañamento con gaitas e sesión vermú con dúo Élite. Gaiteiros dende as 18.00 e verbena con Los Satélites e DJ Rokiño.

Cabana • Ás 18.00 horas, na biblioteca municipal María Baña, avanzará a programación cultural do mes das Letras. Desta volta, función «As rescatadoras». Acceso libre.

BaioEstá en marcha a 17.ª Semana Cultural do instituto Maximino Romero de Lema de Baio. Surf, soños, educación afectivo-sexual, resiliencia, química, fotografía ou cultura do emprendemento serán algunas das cuestións a tratar.

Camariñas«Leo e as cores», para nenos de 0 a 3 anos, é o espectáculo previsto para as 11.00 horas na biblioteca municipal. Promove o Concello.

CoristancoToda a mañá, Día da Familia no CPI Alcalde Xosé Pichel: carreira Enki (11.00), talleres, karts, xogos, música con DJ Rokiño, xantar...