Teatro, literatura, arte e solidariedade para este venres na Costa da Morte
CARBALLO
![](https://img.lavdg.com/sc/IfkB5x-TlUQ_gBqsw7Y9VbUT8Is=/480x/2025/02/13/00121739464321579932564/Foto/CF14C6F1_173053.jpg)
Axenda diaria | Carballo, cos seus Venres Teatrais, Muxía, Cabana ou Laxe teñen citas de interese para hoxe
14 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Venres 14 de febreiro, San Valentín, Día dos Namorados, e ademais do paso de Amorodio Teatro por Vimianzo —ver á dereita—, tamén estas outras citas:
Carballo • Avanzan os Venres Teatrais, hoxe coa visita de David Amor e Josito Porto co seu espectáculo teatral Go home!, que ten como base as problemáticas asociadas a Galicia con respecto ao turismo. Reflexión, diversión e mesmo investigación escénica. A sesión será ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura, con entrada a 7 euros (4 a reducida): billeteira.caballo.gal ou ben dende noventa minutos antes no propio Pazo. Chega esta obra a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Muxía • Máis do ciclo Lendo Lendas, para fomentar a lectura e dar a coñecer a biblioteca Santiago Rey Fernández Latorre. A convidada de hoxe é Rosalía Fernández Rial, coa súa obra Fóra de campo (Galaxia), galardoada co Premio Roberto Vidal Bolaño 2024. Das 20.00 horas en adiante. Estará acompañada pola técnica de Cultura municipal, Míriam Carril, e polo directora de Escola Municipal de Teatro, Artur Trillo. Acceso libre ata completar o aforo.
Carballo • Tarde de arte na galería Espiral Maior Foro, na rúa Sol. Ás 20.00 horas inaugurarase a exposición de pinta Symbólica Lux, de Carlos Pereira. Estará acompañado por Alfredo Conde e Ánxeles Penas, ademais de Miguel Anxo Fernán Vello. O acceso é libre e de balde.
Cabana • Dentro da súa Escola de Familias, Íntegro, con sede en Nantón, promove un faladoiro a cargo da psicóloga María Redonda: Coidando a quen coida. Ás 16.00.
Carballo • O febreiro musical do Conservatorio Profesional de Carballo trae unha nova cita para esta tarde: ás 19.00 horas, no Pazo, tocará hoxe audición de guitarra.
Laxe • Comeza o período de votacións do público no certame de Escaparates Namoradeiros, de iniciativa municipal. Hai dúas vías: a rede social Facebook ou a canle municipal de WhatsApp.