Un sábado con moitos motivos para saír da casa na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un intre da peza teatral «Continente María», protagonizada por Melania Cruz
Un intre da peza teatral «Continente María», protagonizada por Melania Cruz Marcos Míguez

Axenda diaria | Danza, foliadas, teatro, literatura, gastronomía... a xornada vén intensa

29 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ademais da presentación literaria en Laxe a cargo de Marta Seoane Pazos —ver aquí—, estas moitas outras propostas hoxe na Costa da Morte:

Carballo • 23.ª Primavera enDanza • Espectáculo Sofá, coa compañía galega Marta Alonso Cía. Ás 20.30 horas, no Pazo, con entradas a 7 e 5 euros (billeteira.carballo.gal) ou no Pazo dende 90 minutos antes. «Danza, teatro, circo e música en directo para falar dunha parella que podería ser a túa», reza a sinopse.

Vimianzo • Teatro • E de altura. Ás 20.30, no auditorio da Casa da Cultura, Continente María, a cargo de Ainé. Entradas a 5 euros en woutick.es ou na billeteira física, dende as 19.30 horas.

Cee • Teatro familiar • Cee adiántase ao Día Mundial do Autismo coa obra Bulebule, de Os Náufragos Teatro, unha peza para todos os públicos —a partir de catro anos— que visibiliza o TDAH. Ás 19.00 horas, na Casa da Cultura, con entrada a 5 euros (3 a reducida).

Montemaior (A Laracha) • Foliada • Logo de vinte anos, volve á actividade a asociación Montemaior, e faino cunha foliada que comezará con vermú e churrascada ás 13.30 (completo para a comida). Das 18.00 ás 00.00, foliada para aqueles que o desexen.

A Laracha • Circo • Penúltima xornada, con pases ás 17.00 e 19.30 horas. A carpa que acolle á familia Inimitable e a Gaby Aragón está na beira da piscina. Entradas en ticketrona.es ou alí mesmo.

Razo (Carballo) • Recollida de memoria • O proxecto Carballo na memoria chegará ás 11.00 ao centro social para seguir recollendo lembranzas e, de telo, material fotográfico. Escanearase alí e volverá para a casa.

O Ceán (Vimianzo) • Xantar • Na vella escola do lugar promove este encontro a comisión de festas de Monte Torán. Ademais do xantar terán vermú e tardeo con Trubisquiña e D’Cano.

Zas • Baile social • No centro sociocultural, ás 19.00, a cargo de Martín Reimúndez.