Moito para un sábado pleno de Letras na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Zas rende tributo ás súas cantareiras cun encontro-homenaxe previsto para esta tarde, e Muxía pecha programación con Antía Muíño. Son dúas das citas máis destacadas do día, pero hai moitísimas máis 

24 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 23 de maio e a axenda vén sumamente apertada na Costa da Morte para esta xornada:

Aprazamento en Mens (Malpica) • Na igrexa de Santiago de Mens, estaba prevista para esta tarde a presentación do libro As Vellas de Mens, de José Manuel Fernández Pensado, Manel de Aturuxo, a persoa que compartiu con elas vinte anos de escenarios e moitos máis de vínculo persoal. Non obstante, segundo deu a coñecer o Concello de Malpica na tarde de onte, a velada queda aprazada. Informarse o máis axiña posible da nova data.

Buño e Malpica • No programa das Letras Galegas contémplase tamén hoxe unha dobre sesión de narración, con Sonsoles Penadique (O chintófano de Dorothé) e María da Pontragha: de 16.00 a 21.00, no ecomuseo Forno do Forte, promovido pola asociación O Quinteiro. Malante, pola súa banda, festexa fin de curso no centro cívico: 19.00.

Berdillo (Carballo) • Ao igual que en Malpica , a asociación cultural Arume de Verdillo segue co seu programa de Letras Galegas, celebrando hoxe (17.00, local social) a terceira Xuntanza de Acordeóns. A cifra de alumnos nas aulas de Fran Barcia vai cada vez a máis, e nesta volta, ademais dos grupos locais, actuará Brisas do Quenllo (Tordoia), Adro de Baio, Amigos do Acordeón de Oroso e tamén Pena Maior de Marrozos.

BASILIO BELLO

CeeE máis Letras, neste caso no auditorio Baldomero Cores, co grupo de teatro de nais e pais da Universidade Laboral de Ourense, que ofrecerá ás 21.00 horas a peza O soño dos vagalumes. Entrada gratuíta, obra para maiores de 12 anos, inspirada na vida das coñecidas Marías de Santiago.

VimianzoÁs 19.00, no auditorio, Festival da Escola Municipal de Música Tradicional.

ZasVarias citas nesta xornada, unha das máis destacadas ás 18.00 horas no auditorio municipal, unha homenaxe ás cantareiras locais, un acto organizado dende o Concello, Churía e Castro Meda: acceso de balde. Haberá asemade de 20.00 a 23.00 horas baile no centro sociocultural, amenizado polo dúo Mar da Vila, e teatro ás 21.00 no auditorio baiés, dando continuidade á Mostra Labarta Pose: é a quenda da obra Heroínas cotiás, drama para todos os públicos coa compañía Muiñeira do Vento de Ferrol.

Baíñas (Vimianzo) • Na Casa da Cultura, ás 20.00, proxección do documental Camiño Xacobeo, de Santiago a Muxía por Brandomil. Coa cita, organizada pola renovada xunta directiva da asociación Baíñas no Camiño, a localidade reivindica o seu Camiño.

Carballo • No Casino, ás 16.00, a Rede polo Decrecemento de Carballo organiza con Enxeñería sen Fronteiras un taller de reparación de aparatos electrónicos, sobre todo ordenadores. Proxectaranse dous documentais sobre residuos electrónicos. Entrada de balde. Doutro lado, no Pazo, ás 17.00, representación de Mergullarse na auga e O anel máxico, do grupo de teatro Abaixo o Telón (ordes). Coordina Vagalume. Rematará na biblioteca Rego da Balsa, finalmente, o Curruncho Pop deste ano: presentación do libro Lux and Ivy: una cita con los Cramps, de Juanjo Mestre, e concerto de As Cambras.

Cabana • No pavillón da Carballa, ás 21.00, cea solidaria contra o cancro, organizada pola xunta local.

Á cea contra o cancro en Cabana, na súa última edición
Á cea contra o cancro en Cabana, na súa última edición BASILIO BELLO

Buño (Malpica) • Ás 18.30, en Finca Aldeola, desfile Agarimo: «Rompendo con los estereotipos» é o lema desta iniciativa da larachesa Jacqueline Mallo. Acceso gratuito.

Festas varias • Na Gándara (Zas), este sábado, sesión vermú con Fuego e verbena con Fuego e discoteca móbil Impacto. A comisión de Carantoña, polo seu lado, organiza o primeiro «Xantar do Pueblo» no pavillón de Vimianzo, e a comisión de Tella (Ponteceso), un gran xantar no campo dos Seixos, amenizado polo Tren da Unha e por Impacto.

Muxía despide o seu programa en torno ao 17 de maio con Antía Muíño

Hoxe • Das terras de Rosalía, onte mesmo, ás de Gonzalo López Abente. A cantautora Antía Muíño, con fortes raíces na Costa da Morte, será hoxe a encargada de pechar a programación en torno as Letras Galegas deseñada para a vila da Barca dende a iniciativa Muxía Cultural, unha suma de forzas do Concello e da cooperativa xuvenil Horta Creativa. Muíño, que ten no disco Carta aberta unha interesantísima presentación, ten formación na música tradicional, mais o que ela fai móvese entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou tamén a bossa nova. O que ela ofrece é algo único, singular, por tanto hoxe unha oportunidade sen igual: 20.00 horas, no Salón do Voluntariado. «Non perdades a ocasión de escoitar en directo a unha das voces máis especiais que temos en Galicia», convidan dende Muxía Cultural. Cun Códax como Mellor Artista Emerxente, irá ofrecendo neste concerto algúns seus temas senlleiros, e quizais algunha novidade.