De cabo a rabo na Costa da Morte: onde facer parada este 25 de xullo 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Axenda | Mercado Medieval de Corcubión, Encaixo no Camiño, A Santa de Muíño e moitas outras propostas: ¡anote! 

25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O arranque da 23.ª edición do Mercado Medieval de Corcubión (información aquí), así como dun novo ano de O Encaixe no Camiño de Camariñas (ver aquí) son das principais propostas para este venres 25 de xullo, festivo, na Costa da Morte. Cómpre destacar tamén a véspera da romaría de Santa Margarida de Muíño, e todas estas outras citas: 

Cabana • Oitava edición da Foliada Farrapeira organizada por Os Farrapos de Cesullas. Dende as 12.00 en adiante, tradición sen parada en San Fins do Castro, inmellorable preludio da romaría do 1 de agosto.

CeeSardiñada en homenaxe aos mariñeiros, a partir das 21.00 no paseo marítimo, amenizada por A Tripulasión. Antes, de 16.00 a 19.00, xogos e animación. Tamén festa da escuma e exhibición de papaventos.

A Ameixenda (Cee) • Misa ás 09.00, pasarrúas coa banda Ateneo de Negreira, misa ás 13.00 coa coral Costa da Morte, vermú con Lupe e verbena con Los Coleguitas e CDC.

Xaviña (Camariñas) • Festa da Praia na área recreativa do Ariño. Misa ás 13.00 co coro Anduriñas de Xaviña, sardiñada gratuíta ás 14.00, inchables dende as 15.00, música con Abrindo Rejo ás 16.00, charanga Santa Compaña ás 17.00 e teatro con Os Contos non Enchen ás 19.00: obra First lerias.

Vilaño (A Laracha) • Misa ás 13.30 e sesión vermú e verbena a cargo do grupo Jaque.

Mens (Malpica) • Misa ás 13.00, vermú coa orquestra Compostela e verbena tamén con esta formación, así como Impacto e o DJ Nyam Boe. 

Cereixo (Vimianzo) • Alboradas e pasarrúas ao son das gaitas. Misa ás 13.00, sesión vermú co Zona Zero e verbena con Zona Zero e discoteca móbil Impacto cos disyóqueis Rokiño e Drew Korme.

Pasarela (Vimianzo) • Misa ás 13.00 horas, vermú con D’Festa e verbena coa orquestra Panorama City e a disco Impacto co DJ Son1c.

Loroño (Zas) • Misa ás 13.00, vermú con Aires de Broña e inchables para os pequenos.

Sísamo (Carballo) • Misa ás 13.30 horas e macrosesión vermú e verbena con La Bamba, Escenario Sonora Music e os DJ Jaygo e Rafa Astray.

ROI FERNANDEZ

O grupo A Roda, na Praza de Laxe

Hoxe • 22.30 horas • A música tradicional galega soará esta noite con forza en Laxe. A banda A Roda actuará ás 22.30 na Praza de Ramón Juega, «un concerto para cantar, bailar e gozar xuntos». Organiza a comisión de festas e colaboran Concello, Xunta de Galicia e Deputación coruñesa.

BASILIO BELLO

Música africana en Muxía con Eburnie

Hoxe • 19.00 horas • O grupo vocal Eburnie (Costa de Marfil), ligado á ONG Égueire, ofrecerá hoxe un novo concerto na Costa da Morte. Música e ritmos africanos, cor e ledicia, a partir das 19.00 horas, no santuario da Barca de Muxía. O acceso é gratuíto.

PABLO QUINTANA

Palillada tributo en Muxía polos 100 anos de Eva Castiñeira

Un 25 de xullo, o do 1925, veu ao mundo Josefa Eva Castiñeira Santos. De Agranzón, Ozón, Muxía, é unha das cantareiras ás que se lle dedican este ano as Letras Galegas. Este venres, por tanto, 25 de xullo de 2025, tería cumprido cen anos —mais faleceu no 2008—. Un aniversario redondo que non pasará desapercibido no seu municipio natal, en tanto que no cámping Lago-Mar, para as 18.30, está prevista unha panillada homenaxe a ela.

Haberá palabras, e haberá tamén alimento para o corpo e para o espírito. Non poderán estar presentes os artistas Rodrigo Romaní e Pablo Quintana, ambos testemuñas de diferentes momentos da vida artística de Eva, mais si moitas outras persoas que se achegaron á súa figura, tal é o caso de Xosé Manuel Varela e Icía Varela, autores dos libros Cantareiras e Pandeireteiras, semente da proposta de lembranza; Xabier Díaz, investigador; Nerea Gómez, ilustradora; Viki Rivadulla, artista; Manuel Vilar, exdirector do Museo do Pobo e, aportando o sentimento familiar, Juan José Alvite, un dos fillos de Eva. Quizais poida achegarse tamén Tino Maceiras, cofundador da discográfica Ruada.

Cómpre lembrar que Eva Castiñeira, xunto coa súa irmá Engracia, foi a primeira pandeireteira en subir a un escenario cun grupo folk, ano 1981 no pavillón de Deportes da Coruña. Non era outro que Milladoiro, xa por entón con dous discos. Un concerto para a historia, como o disco da serie Recolleita coordinada por Pablo Quintana, con gravacións previas a esa actuación feitas por Rodrigo Romaní nos estudos de Ruada. O traballo recolle pezas de Eva Castiñeira e do Cego dos Vilares.

Eva marcou profundamente a formacións como Leilía, ou mesmo ao propio Milladoiro, que fixo perenne a súa Dansa, baixo o título de Rompeu a chiculateira, canción referencial da memoria popular. A melodía desta peza foi ademais empregada durante anos e anos por Pinto d´Herbón para regueifar, expandindo o seu legado. 

E ademais... 

Hoxe • Na Praza do Recheo de Ponteceso, ás 20.00, obra Tavole con Zirko Txosko. En Corme, con saída ás 11.30 da Fonte do Campo, percorrido histórico pola vila do almirante Mourelle. No ecomuseo Forno do Forte de Buño, ás 22.30, proxección de A elefante do mago. Na cascada do Ézaro, nova cita co espectáculo O Eco do Ézaro: 22.30 horas.