O Festival Escena Muller, este ano na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

A programación desenvolverase durante este mes de outubro en Camariñas, Dumbría e Vimianzo

02 oct 2025 . Actualizado a las 19:57 h.

Impulsada pola compañía aAntena Teatro, baixo a dirección de Xosé Leis e Bernardino Martínez, a quinta edición do Festival Escena Muller (FEM 2025) celebrarase este ano na Costa da Morte. Avanzan unha programación que aposta pola creación en feminino, a memoria das mulleres e a cultura como ferramenta de transformación social. Desenvolverase o festival —que ten o apoio da Deputación par a súa implementación en espazos rurais— en Camariñas, Dumbría e Vimianzo, ao longo deste mes de outubro. Espectáculos escénicos, accións de rúa, obradoiros, funcións escolares, regueifas ou a exposición Coreografías do facer, comisariada polo Museo do Pobo Galego, serán parte das propostas.