DESDE O ADARVE
06 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.HAI POUCOS días o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o chantadino José Manuel Silva, recordábanos moi acertadamente a importancia de gastar ben os fondos europeos que se envían a Galicia. Ademais de coincidir plenamente con el, tamén creo que a doazón destas contías tamén debería levar implícito o control da súa finalidade. Ven a conto o comentario por unha proposta que onte se estableceu na Deputación. Trala feira de Fitur na que se promoveu a reserva da biosfera Terras do Miño, agora proponse a elaboración dun plan de sinalización de tódalas casas de turismo rural que existen na provincia. A iniciativa é do máis loable, pero cabe recordar que este mesmo proxecto o desenrolaron e desenvolven as distintas fundacións comarcais que existen na provincia. ¿Estamos investindo ben os fondos europeos? Só espero que isto lles sirva ós turistas para non perderse.