Música, talleres, teatro e xogos para gozar do Nadal en familia en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Imaxe de arquivo da chegada do Apalpador a Lugo
Imaxe de arquivo da chegada do Apalpador a Lugo OSCAR CELA

Haberá actividades culturais e de lecer ata o día 5 para os máis pequenos

18 dic 2021 . Actualizado a las 17:36 h.

Concertos, obradoiros, teatro e xogos darán vida a un programa cultural e de lecer para gozar do Nadal en familia na cidade. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, presentou as actividades que organiza a área de Cultura, mentres que a alcaldesa, Lara Méndez, avanzou as actividades que programaron desde a alcaldía.

Por unha banda, a rexedora anunciou que concederán un certificado de bo comportamento na pandemia aos nenos e nenas de Lugo para avalar as súas peticións aos Reis Magos. O Concello enviou a todos os centros de educación infantil e primaria da cidade este diploma, que tamén se poderá recoller na casa consistorial de 9.00 a 20.00 horas.

En canto á programación de actividades, é a seguinte:

· Día 22. Praza Maior. Benvida ao Apalpador

· 17.30h. 3 ruadas diferentes cara a Praza Maior.

· 18.00h. Obradoiros: Apalpadanzas (O Xeito) , Pintámonos como os seres da fraga (Semente).

· 18.45h. Actuación Troupelear.

· 19.10h. Chegada Apalpador.

· 19.30h. Foliada.

· Día 23. Patio do Vello Cárcere, 20.00h. «Nadal Musical no Vello Cárcere». Concerto de Lucus Ensemble.

· Día 27. Auditorio Municipal Gustavo Freire, 18.30h. «Cachopo Máxico» de Lila Teatro.

· Días 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 3, 4 e 7 de xaneiro. Praza Maior. Obradoiros, xogos e concursos. Instalarase unha casiña inchable de Nadal, onde os nenos serán recibidos por elfos reais, aos que poderán entregar as súas cartas para os Reis Magos.

Os obradoiros complementaranse cun concurso de deseño de postais, con motivo da celebración dos 150 anos do inicio da construción do Viaduto de A Chanca. Trátase de pór en valor a transcendencia que tivo para a cidade a creación desta dotación. Unha vez finalizado o Nadal, un xurado experto elixirá as tres postais de Nadal gañadoras.

· Día 28. 18.30h. Praza de Santo Domingo / Quiroga Ballesteros. «Rancho de Reis Xeitoso».

· Día 28. Praza Maior, 16.30-19.30h. Fin de ano especial, con cotillón, música, festa, bailes e as doce uvas.

· Día 29, 18.30h. Auditorio Municipal Gustavo Freire. «A música das buguinas», de Mamá Cabra con Bellón Maceiras

· Día 2, 18.30h. Auditorio Municipal Gustavo Freire. «Mestre ma non troppo», de Bandullo Azul

· Día 3, 18.30h. Auditorio Municipal Gustavo Freire. «Ningures», de Teatro ao cubo

· Día 5, 17.30h. Praza Maior, fronte á Casa do Concello. «Rancho de Reis Xeitoso».

· Día 5. Cabalgata de Reis. Saída ás 17.30h do Parque da Milagrosa.

Obradoiros

· Días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro. MIHL, de 10.30 a 13.30h. «Xa é Nadal», para nenas e nenos de 4 a 12 anos.

· Días 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 3, 4 e 5 de xaneiro, 11.00-13.30h. O Vello Cárcere. «Obradoiro de Panxoliñas».

· Días 19 e 26 de decembro e 2 de xaneiro, 11.30 horas. O Vello Cárcere. «Obradoiros Xeitosos», de 3 a 8 anos.

· Días 22 e 29. O Vello Cárcere. Descubrindo o solsticio de inverno

· 17.30h. De 3 a 6 anos.

· 17.30h. De 7 a 12 anos