A Moexmu volve a Muimenta

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Imaxe da Moexmu celebrada no 2019
Imaxe da Moexmu celebrada no 2019 ÓSCAR CELA

Haberá ata o domingo gando, maquinaria, gastronomía, música, charlas e artesanía

31 mar 2022 . Actualizado a las 13:30 h.

Despois de dous anos de parón, a Moexmu volve a Muimenta, entre o venres e o domingo. Haberá máis de 25.000 metros cadrados de exposición, para maquinaria nova e usada, coches, motos, mostra e concurso de gando, postos de artesanía, gastronomía, ferramentas agrícolas... Tamén contarán con música e outras actividades de animación. O programa para hoxe é o seguinte:

· 15.30h. Xornada técnica para gandeiros, organizada por Severiano Agrocomercial. Salón de actos do Centro Sociocultural Manuel Gesto Varela. De balde.

· 17.00h. Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando Fefriga, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros

· 18.45h. Recepción de autoridades

· 18.50h. Actuación musical a cargo do dúa Gaiteirada

· 19.00h. Inauguración oficial da XXXVIII Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), XXXVI Exposición de Gando de Raza Rubia, XXXVI Concurso de Gando Raza Frisona, XXX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga e XXVI Poxa de Gando Selecto. A cargo da deputada Pilar García Porto

· 19.20h. Lectura do pregón a cargo do xornalista Antón Losada Trabada, no pavillón do recinto.

· 19.40h. Merenda para os asistentes á inauguración da Moexmu