Navia celebra o Nadal con teatro, contacontos e música

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Vista de Navia de Suarna
Vista de Navia de Suarna MANUEL

A Irmandade Naviega organiza unha variada programación cultural

21 dic 2023 . Actualizado a las 13:00 h.

A Asociación Veciñal Irmandade Naviega organiza para este Nadal un variado programa de actividades en Navia de Suarna, con música, contacontos e teatro.

 O sábado 23 haberá unha tarde de contacontos, ás 18.30 horas na discoteca. Correrá a cargo de Carlos Porral e Celso Sanmartín, que contarán «Lendas e contos». O xoves 28 será a quenda do teatro, ás 18.30 na discoteca. A compañía Teatro do Miolo porá en escena a peza «Saíndo do cerco».

Por último, o sábado 30 chegará a música coa III Polavila Naviega. Trátase de Cantos de Taberna que se espallarán polos bares da Proba de Navia, a partir das 19.30 horas.