Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés colaboran para promover a ruta
LUGO
![A reunión tivo lugar en Santiago](https://img.lavdg.com/sc/LEw9BEQkkmx4_KX0fvgpfGj--5A=/480x/2025/02/03/00121738603682398649862/Foto/L_20250203_182346000.jpg)
«O obxectivo é seguir impulsando accións que garantan a conservación, promoción e dinamización deste itinerario milenario», sosteñen desde a Xunta
03 feb 2025 . Actualizado a las 19:06 h.O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo onte unha reunión coa presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e alcaldesa de Triacastela, María Olga Iglesias, para estudar novas accións de colaboración ao longo deste ano. No encontro, celebrado en Santiago de Compostela, participaron ademais os alcaldes de O Pino, Palas de Rei e Molinaseca.
Acordo de colaboración
Merelles subliñou a importancia desta colaboración para fortalecer a promoción e xestión do Camiño Francés, o itinerario xacobeo máis transitado polos peregrinos. Segundo os datos de Turismo de Galicia, en 2024 percorreron esta ruta 236.380 persoas, mentres que no que vai de 2025 xa o fixeron 1.532. «Estas cifras confirman o papel clave do Camiño Francés como motor turístico e cultural de Galicia», afirmou Merelles.
A Xunta de Galicia e a Mancomunidade levan anos colaborando en distintas iniciativas para mellorar a experiencia dos peregrinos e potenciar a oferta turística dos municipios galegos que forman parte desta ruta. O obxectivo é seguir impulsando accións que garantan a conservación, promoción e dinamización deste itinerario milenario, que cada ano atrae milleiros de visitantes de todo o mundo.