As Letras Galegas en Lugo, concello a concello: concertos, teatro, libros e exposicións toda a semana

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Cántigas e Frores actuará na cidade esta semana con motivo das Letras Galegas
Cántigas e Frores actuará na cidade esta semana con motivo das Letras Galegas ALBERTO LÓPEZ

A provincia celebra a riqueza da tradición oral popular e homenaxea ás cantareiras con actividades para todas as idades

14 may 2025 . Actualizado a las 13:22 h.

A provincia de Lugo súmase á festa das Letras Galegas, que este ano se dedican á poesía popular oral galega, con numerosas actividades ao longo da semana.

A FONSAGRADA

· Sábado 17. Salón de actos Os Chaos, 18.00. Festival do Día das Letras Galegas, coa actuación musical da A.C. Antaruxas e Sorteiros da Fonsagrada; presentación (18.20) e homenaxe á poesía popular oral e ás cantareiras; entrega de premios (18.30); e actuación (19.00) de música e baile tradicional da A.C. Antarurxas e Sorteiros.

GUITIRIZ

· Domingo 18. Capela de San Alberte na parroquia de San Breixo de Parga, todo o día. Xermolos organiza a Romaría do San Alberte e a Festa da Fala, con artesanía, música e literatura.

LUGO

· Mércores 14.

Praza Maior, ata o sábado. Feira do Libro, con descontos do 10 % e más dunha ducia de casetas. O mércores e o xoves abre de 11.30 a 14.00, e o venres e o sábado, tamén de 17.30 a 21.00 horas.

Praza da Mosqueira. Actividade interactiva de construción e retrato de palabras, pensada para que a veciñanza poida xogar co idioma e deixar a súa pegada na cidade, e que se seguirá a realizar ata o día 20.

Praza da Soidade, 19.30. Audicións de alumnado da Tradescola «Sons de maio. Arredor da tradición oral», con gaita, acordeón e percusión.

· Xoves 15.

O Vello Cárcere, 11.30 (centros educativos) e 19.30 (público en xeral). Proxección do documental «Lévame a idea», sobre as divulgadoras de música de tradición oral galega.

Círculo das Artes, 19.00. Charla-coloquio a cargo do músico lucense Bruno Villamor, especializado en música tradicional e popular galega, e integrante do grupo Cántigas e Frores, para falar da historia da música tradicional lucense e interpretará pezas de gaita e zanfona. Tamén actuarán as cantareiras e pandeireteiras do Círculo e abrirá unha exposición sobre a música tradicional galega.

Praza da Soidade, 19.30. Audicións de alumnado da Tradescola «Sons de maio. Arredor da tradición oral», con zanfona, canto en pandeireta.

· Venres 16.

Auditorio Municipal Fuxan Os Ventos, 18.30 e 21.00. Concerto de Abraham Cupeiro.

Salón de actos da Biblioteca Provincial, 20.00. Concerto do Coro Xuvenil de Lugo, que ofrecerá versións de cancións pop de artistas contemporáneos como Melendi, Amaral, Nil Moliner ou Dani Fernández.

· Sábado 17

Templete da Praza Maior, 13.00. Concerto da agrupación Claustro Música.

Pola tarde, Praza Maior. Actuación de agrupacións locais, dende o Coro Xuvenil de Lugo ata o Orfeón Xoán Montes. Rematará cunha actuación conxunta de todas as corais ás 20.30 horas. En caso de choiva, celebrarase no Vello Cárcere.

· Domingo 18.

Praza do Ferrol, 13.00. A Banda Filharmónica e Cántigas e Frores ofrecerán un concerto conxunto.

Templete da Praza Maior, 13.00. Festival dos grupos de baile das actividades extraescolares organizadas pola concellería de Educación.

· Luns 19. Praza da Soidade, 18.00 e 20.00. Rematan as audicións de alumnado da Tradescola «Sons de maio. Arredor da tradición oral», con gaita, percusión, canto e pandeireta.

MEIRA

· Sábado 17. O Centro. Paseo Central, 12.00. Presentación do libro Arredor do cuarto pequeno, de Xosé Manuel do Castro, coa intervención do autor, de Toño Núñez, Agustín Sarille, Agustín Carballosa e Marisa Dapereira; lectura de poemas de Avelino Díaz; acompañamento musical con Os Agostiños e Cantareiras de Meira e arredores; e sesión vermú.

MONTERROSO

· Sábado 17. Centro sociocultural, 11.00; e Espazo Cultural Lorenzo Varela, 12.30. Presentación do libro As feiras de Monterroso e outras lembranzas; I Letras Galegas Miúdas; ofrenda floral; e actuación do grupo de cantareiras da asociación sociocultural Falcatrueiros.

SARRIA

· Xoves 15. Casa da Cultura. Acto de entrega do Premio das Letras Galegas.

· Venres 16.

Paseo do Malecón, 16.00-20.00. Aulas na rúa infantís con Peleriños.

Casa da Cultura, 19.30. Concerto de Clarisaxos e Mini Banda da Esmusa.

· Sábado 17. Casa da Cultura, 17.00. Teatro con De Castro a Villalta.

O grupo Tanto nos Ten actuará en Vilalba
O grupo Tanto nos Ten actuará en Vilalba BASILIO BELLO

VILALBA

· Venres 16. Estadio Municipal da Madalena, 11.00. XV Carreira Escolar das Letras Galegas, con diferentes categorías.

· Sábado 17. Praza da Constitución, 18.30. Vilalba homenaxea ás cantareiras coa actuación de grupos de música tradicional de Vilalba: Mato Vizoso, Árdelle o eixo, A.C. Lusco e Fusco, Mestura de Nete, Regueifeiras da Chá, Cantareiras do Carabullo, A.C. de Árbol, Buxos Verdes, A.C. Andrade e Lambe Lambe. Ademais, ás 21.00 horas celebrarase o concerto do grupo Tanto nos Ten.

XERMADE

· Xoves 15. CEIP Plurilingüe, 11.00. Contacontos teatralizado Cantos de avoa, con Trémola Teatro.

CONCELLOS DA MONTAÑA

· Todo o mes. O servizo de bibliotecas móbiles tampouco faltará á cita coas Letras, de maneira que a Furgoteca levará durante o mes de maio o xogo O pasapalabra das Letras Galegas: as cantareiras e a poesía popular oral aos concellos de Negueira de Muñiz (días 15 e 30), Navia de Suarna (17 e 29), As Nogais (día 19), Pedrafita do Cebreiro (20), Cervantes (24), Baleira (27) e Triacastela (día 28).