La exitosa iniciativa que saca a la luz muchos recuerdos del cine: «Por erro en Santiago emitiuse unha peli altamente erótica, e hai quen di que se fretaron autobuses»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

VIVIR SANTIAGO

Álvaro Ballesteros

Compostela Filmada, que recupera imágenes de cines antiguos y filmes donde Santiago es escenario, suma seguidores y fotografías destacadas, como la de Cary Grant junto a un carro de bueyes en el Obradoiro: «Hai moita xente nostálxica das salas de cine históricas»

30 ene 2023 . Actualizado a las 12:57 h.

Fue en mayo del 2021 cuando en Santiago entró en escena Compostela Filmada, una iniciativa de la concejalía de Cultura del Concello compostelano con la que se busca difundir y recuperar la vinculación de la ciudad con el mundo del cine tanto a través de mapas, que ofrecen un paseo por la historia de los rodajes realizados en la capital gallega o ubican las salas de proyección histórica, como con distintos recursos, como películas, documentales, cortometrajes o series en las que Compostela suma protagonismo. Muchas, como constata Óscar Senra, coordinador del proyecto, se recuperaron del ámbito doméstico: «A xente rebusca moito, encántalles ver e compartir cintas antigas da súa cidade, viaxar no tempo, comprobar a evolución na tecnoloxía ou na estética. Hai nostalxia tamén das salas de cine históricas», razona satisfecho, poniendo de ejemplo cómo una llamada ciudadana que tuvo lugar a finales del pasado año obtuvo respuesta casi inmediata.

«A través das nosas redes sociais, pedísmolle á xente que nos axudase a obter imaxes do Cine Metropol, aberto en 1950, e que fora a sala máis grande nese momento en Compostela, con entrada pola rúa Doutor Teixeiro e saída por Xeneral Pardiñas. Sen embargo, e pese ao seu éxito e tamaño, non se conservaban fotografías do edificio. Durante as xornadas seguintes os composteláns enviáronnos dúas do exterior. Agora só nos falta do interior», explica Senra agradecido. 

«Entre o que nos envía a xente hai moitos vídeos caseiros, da zona vella, gravados varios en super oito e nos que, aínda que a Catedral ten un protagonismo indiscutible, os santiagueses tamén poden atopan espazos cambiados, como é una Praza da Inmaculada repleta de coches», remarca el coordinador.

«Moitos vídeos caseiros son de visitas familiares ou turísticas á Compostela dos anos 60 ou 70. Moitas excursións impulsadas polas parroquias. Tamén curiosidades, coma un vídeo do ano 1965 no que cobra protagonismo un neno catalán», añade.

«Entre os vídeos caseiros houbo en concreto varios de gran valor. Por exemplo, recuperouse a primeira imaxe a cor que se ten de As Marías. Gravouna un emigrante arxentino, Manuel Arís, quen mercara no seu país de acollida unha cámara e aproveitaba as súas continuas viaxes á comunidade para filmar imaxes. Entre 1953 e 1958 gravou un documental que se chama Un viaje por Galicia, unha película que persoas destacadas da emigración, como Luís Seoane, criticaron por dar unha imaxe estereotipada da comunidade, pero o certo é que a cinta tivo tanto tirón que estivo durante tres semanas no cine Mitre de Bos Aires. Aos galegos emigrados ou exiliados encantáballes ver os avances da súa terra, como as estradas, poder dar un paseo, aínda que fose a través do cine, pola súa terra. Ese documental, no que durante o seu percorrido por Santiago Arís gravou a As Marías, restaurouno o CGAI. Ata o momento da súa descuberta, a primeira secuencia que se conservaba de Maruxa e Coralia Fandiño era a do documental rodado por Claudio Guerín Hill en 1967 para a serie de Televisión España Conozca usted España», afirma Óscar Senra. 

«Pouco a pouco imos corrixindo datos e ampliando o coñecemento de certas historias ou biografías. Por exemplo, a raíz dunha tese universitaria soubose que Camilo Díaz Baliño, máis alá da súa relación co destacado empresario do cine, Isaac Fraga, redecorando o Salón Teatro ou o Teatro Principal, gravara unhas curtametraxes artísticas sobre Compostela, das que só se conservan uns celuloides. Recóllense no filme Compostela, gravado entre 1922 y 1923, onde se mostra a cidade como urbe sobrenatural, alternando textos explicativos e escenas que van do cotiá, como carrozas das festas, ao expresionismo», destaca. 

Cary Grant junto a un carro de bueyes en el Obradoiro
Cary Grant junto a un carro de bueyes en el Obradoiro Imagen de la Galiciana, Biblioteca dixital de Galicia

Entre los mejores recuerdos de estos dos años de recuperación del cine vinculado a Santiago Óscar Senra incluye una imagen de cuando Cary Grant rodó en 1956 en Santiago un par de escenas de Orgullo y pasión. «Hai unha fotografía de cando o actor quixo inmortalizarse no Obradoiro cun carro de bois. Pediu incluso que lle enviasen a imaxe para o seu arquivo persoal. Neses días sucedéronse anécdotas, como cando ía a boleira que nesa década había no Hostal dos Reis Católicos», evoca ilusionado el coordinador de Compostela Filmada. 

«O que con cada publicación notamos é a vinculación dos composteláns co seus cines históricos, por exemplo, co Cine Avenida. Moita xente emociónase ao lembralo», defiende. «Son varios tamén os que lembraron o que ocorreu nos anos 70 na Sala Yago, outros dos cine aínda moi queridos», apunta divertido, y confirmando por testimonios cómo hay santiagueses que aún se acuerdan que, en los últimos años del franquismo, ese cine se convirtió, de forma inocente, en la antesala del cine del destape. «Para sorpresa de moitos, a Yago proxectou, saltándose a censura, unha película altamente erótica, como era Las melancólicas, unha produción española de 1971 dirixida por Rafael Moreno e protagonizada, entre outros, por Francisco Rabal e Pilar Bardem», subraya sobre una cinta que incluía actrices semidesnudas y escenas de tipo sexual, como una orgía, algo inaudito en esos años. «Foi por un erro. A cinta tiña que enviarse a Santiago de Chile, pero houbo unha equivocación con Santiago D.C e mandouse a Compostela», evoca riendo. «A noticia correu polo boca e orella e incluso hai quen di que se fretaron autobuses dende outras cidades. Durante cinco días a sala estivo repleta. Santiago foi nesas xornadas o Perpiñán español», destaca en alusión a la ciudad francesa a la que muchos españoles se trasladaron en esos años de censura para ir a ver filmes como El último tango en París

«Ata o momento estamos contentos co logrado. E vemos que a xente lle anima revisar o seu pasado cinematográfico. Nas rutas guiadas que facemos pola cidade recordando, por exemplo, os cinematógrafos, houbo unha muller que se emocionou. Ela lembraba que a súa nai, que vivira en Santiago, lle falaba sempre dun cine, que ela non conseguía localizar. Cando pasamos por diante do Cine Capitol, a actual sala musical, soubo que era ese», subraya animado.

«Na actualidade centrámonos sobre todo en actualizar o inventario de filmes e vídeos que recollemos dos composteláns, e dos que damos voz nas redes sociais. A nosa idea, a partir de agora, é tamén engadir a historia dos vídeos musicais relacionados coa cidade, recoller todos eses temas nos que Santiago tamén serviu de escenario», concluye con empuje.