Un número de la comparsa «Astérix e compañía», realizado en el desfile de carnaval de Santiago, se viraliza: «Estamos alucinados cos comentarios que mesmo chegan de Cádiz ou Murcia»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

VIVIR SANTIAGO

La parroquia de Bugallido, de Ames, protagonizó una de las comparsas más vistosas, multitudinarias y premiadas del desfile de entroido del pasado martes en Compostela. Uno de sus números no deja, además, de compartirse en las redes. En el vídeo se ve cómo Astérix y Obélix, tras el clásico grito de «A por ellos», asalta a una tropa romana

11 mar 2025 . Actualizado a las 13:25 h.

Ha pasado una semana desde que mostraron sus disfraces, en una tarde soleada y ante mucho público, por las calles de Santiago, en un desfile de martes de carnaval en el que se impusieron en la categoría de comparsas y quedaron segundos en el de carrozas. «Estamos agradecidos e sorprendidos por ambos premios, e tamén pola repercusión nas redes», destaca feliz Xela Jorge, la presidenta de la Asociación de veciños de Bugallido, la entidad de esa parroquia del concello de Ames que está detrás de Bugallidix, la comparsa de carnaval de «Astérix, Obélix e compañía» que, siete días después, sigue en boca de todos, e incluso más allá de Galicia. «É incrible, pero o vídeo que se publicou na conta de Facebook de La Voz Santiago supera xa más de 1,8 millóns de reproducións… Polo que lemos nos comentarios da publicación, cos que estamos alucinados, a gravación foi vista e chegou a moita xente doutras zonas, como Cádiz ou Murcia, nas que asombrou o noso entroido, feito de forma máis artesanal, a partir dunha idea. Moitos creo que aplaudiron iso», reflexiona Xela, explicando cómo nació la idea de una masiva comparsa que, en el caso de Compostela, juntó a 140 personas por las calles.

«A parroquia de Bugallido leva tres anos participando de forma multitudinaria nos desfiles. Moitos socios e membros somos moi entroideiros», aclara Xela riendo. «No 2023 xuntamos nunha comparsa a máis de 85 persoas, de entre 1 e 75 anos de idade, para recrear a vida dun lugar nos anos 50 do século pasado, coa súa escola ou traballos vinculados á agricultura e gandería… Moitos veciños colaboraron, deixando cousas, apeiros… Nós temos un tecido asociativo moi destacado. Nesa comparsa, que se chamaba 'Aí veñen os de Bugallido', participaba xente da Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, da Asociación Cultural Mahía e da Sociedade Agraria de Bugallido, os que seguimos xuntos. Nese primeiro anos vencimos nos desfiles de Ames e Brión», evoca Xela, aclarando la singularidad a la que, en el caso de esta parroquia de Ames, se hace frente.

«Na nosa comparsa participa tanto xente moi pequecha, cun ano, ata membros que teñen máis de 80. Ano a ano temos que pensar nunha temática que abranga todo ese abano. O ano pasado fomos de circo —Bugallido Circus—, algo que nos daba xogo para levar á cativada nunha xaula coas feras. Ese ano foi a nosa estrea no desfile de Santiago», repasa, enlazando ya con la idea actual.

«Neste entroido eramos 140 personas as que iamos desfilar por Santiago, tamén de moitas idades distintas. Por iso e para que, ademais, non supuxese un custe elevado para familias que a mellor participaban con cinco membros, botamos man duns traxes que tiña unha entidade de Ames, na que os seus membros, hai 20 anos, fixeran de romanos nunha representación pública da Paixón de Cristo. Xa con esa vestimenta, pensamos nunha idea que puidese vincularse aos romanos e que nos permitise incluír a todos. Rapidamente, e ao sermos moitas cabezas pensantes, saíu o de Astérix…», explica Xela divertida, poniendo el foco en nombres en concreto.

«Rocío Seoane foi quen xestionou toda a idea da roupa e da xente… A comparsa integrábana, ademais dos membros máis coñecidos da aldea gala, como Astérix, Obélix, Abraracúrcix ou mesmo Edadepiedrix, moitos habitantes do pobo, e nese grupo metimos a moitos nenos... Non faltaban tampouco as tropas romanas, nin un barco vikingo ou a carroza de Cleopatra. Moita xente que viu o desfile en Santiago valourou, ademais da nosa interactuación co público e do animado da comparsa -por exemplo, coa coreografía dos membros do pobo galo-, o feito de que contase con tantos puntos de atención; que, aínda que entrelazada por temática, fose diferente por momentos. Aí supoño que radicou parte do triunfo...», razona Xela, no restando mérito al número que congregó más aplausos y que, en las redes, se viralizó.

La comparsa, antes del desfile en Santiago
La comparsa, antes del desfile en Santiago

En él, y después del clásico grito «A por ellos», se ve cómo Astérix y Obélix se lanzan contra una patrulla romana, en un número en el que soldados de goma incluso saltan por los aires. «O artífice da idea foi Martín Ramos, quen ía disfrazado de romano e forma parte da directiva da asociación. El viu que esa escena era algo moi característico dos cómics e que tiña que estar... Propuxo mercar uns bonecos de tela, disfrazándoos coma romanos, e facelos voar… Os dese número fixeron algún ensaio previo no local da asociación de Bugallido, e así xa fomos o domingo ao desfile de Milladoiro, en Ames e, o martes, ao de Santiago. A comparsa rebautizámola como ‘Asterix, Obélix e toda a súa compañía invaden Compostela'», comenta divertida, reconociendo el buen ambiente en las calles de Santiago y que ellos lo pasaron muy bien.

«O do vídeo chegou despois… Os membros da comparsa mantemos un grupo de wasap e xa cando superamos o millón de visualizamos nos paramos de compartilo. Estamos alucinados, pero é moi bonito ler os comentarios, que á xente lle gusta, que aprecian que fagamos un entroido tan propio, que fose un número tan vistoso… Ata un historiador alabounos o traxe de romano», detalla agradecida y sonriendo.

«O sábado estaremos no desfile de Padrón, pero, por datas, aí iremos en torno a 95 persoas. Aínda así, creo que a xente pasarao tamén ben», avanza.