Patrocinado porPatrocinado por

Volve a polémica á confraría de Cambados ante os problemas para pagar as nóminas do persoal

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

SOMOS MAR

MONICA IRAGO

O ex patrón maior José Manuel Vilas acusa ao seu sucesor de mala xestión e pide responsabilidades

14 jun 2025 . Actualizado a las 03:08 h.

Os problemas financeiros que atravesa a confraría de Cambados devolven á actualidade ao ex patrón maior, José Manuel Vilas Charlín, que emitiu un comunicado de prensa para defender a súa xestión. Na entidade están en números vermellos, tanto que o mércores aínda non lle pagaran a nómina de maio aos seus traballadores (21).

Vilas non está disposto a pasar por alto que o acusen de deixar a confraría endebedada e culpa da actual situación económica ao seu sucesor no cargo Alejandro Pérez Miser, pola súa «incapacidade para xestionar e dirixir unha institución selleira no pobo». Vilas alude á situación dos bancos marisqueiros, da empresa Porto de Cambados e da fábrica de xeo e fala, ademais, dunha política de «estómagos agradecidos e de invisibilidade institucional». «Conviría que o señor Pérez Piñeiro fixera un curso acelerado de democracia, que asuma a súa responsabilidade», engade José Manuel Vilas.

Hoxe non foi posible coñecer a versión de Pérez Miser sobre a situación económica que atravesa a confraría.