Patrocinado porPatrocinado por

Beneficios dos produtos ecolóxicos na nosa dieta diaria

La Voz LUGO

ACUICULTURA

CEDIDA

A agricultura ecolóxica busca obter alimentos de calidade, saudables e naturais

23 sep 2024 . Actualizado a las 09:47 h.

Os alimentos que se desenvolven baixo os criterios de produción ecolóxica teñen moitos beneficios para a saúde daquelas persoas que os consomen e tamén para o seu espazo. Repasamos os criterios que deben seguir e cales son as características que os fan destacar en comparación cos convencionais.

A agricultura ecolóxica é un sistema de xestión agraria de produción baseado na premisa de obter alimentos de máxima calidade, máis naturais, saudables e nutritivos, sen usar produtos químicos de síntese, nin organismos modificados xeneticamente.

Por isto, ten un impacto ambiental mínimo, xa que seguen a normativa europea da agricultura ecolóxica, o que implica que están controlados en todo o proceso, cultivo, elaboración, envasado etcétera.

Existe unha ampla variedade de produtos:

  • Produtos agrarios de orixe animal ou vexetal non transformados
  • Produtos agrarios de orixe animal ou vexetal transformados destinados a ser empregados para a alimentación humana
  • Pensos
  • O material de produción vexetativa e sementes para o cultivo
  • Lévedos destinados ao consumo humano ou animal
  • Produtos da acuicultura ecolóxica (peixes, algas e moluscos)

Para poder obter esta catalogación, deben seguir unha serie de protocolos que están regulados pola Unión Europea e cos que se queren conseguir os seguintes obxectivos:

  • Producir alimentos de máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica
  • Ser ambientalmente sostible e economicamente rendible
  • Manter a diversidade xenética do sistema agrario e do seu espazo
  • Aumentar e manter a fertilidade do chan
  • Preservar a seguridade alimentaria
  • Evitar as formas de contaminación que poidan resultar das técnicas agrarias
  • Favorecer o desenvolvemento rural

Deste xeito, os agricultores suman aos seus produtos unha vantaxe competitiva e un valor engadido. Ademais, para que se cumpran as normativas vixentes reciben unha inspección anual para comprobar se seguen os protocolos indicados.

Dentro da web do Craega inclúese o apartado Regulamentos e Normativa, no que aparecen os requisitos e guías para cada unha das ramas do ecolóxico.

Beneficios para a saúde

Os obxectivos da produción ecolóxica levan implícitos a necesidade de coidar a saúde das persoas que consomen esta clase de comida. Hai moitos estudos que demostran que a súa inxestión reduce o risco de sufrir enfermidades e un dos factores decisivos para isto é a non utilización de produtos químicos durante os procesos produtivos.

Os seguintes puntos describen en concreto aqueles problemas de saúde aos que o consumo de alimentos ecolóxicos pode axudar a previr:

  1. Diminúen os riscos de trastornos neurolóxicos.
  2. Preveñen o cancro.
  3. Reducen o risco de padecer alerxias.
  4. Preveñen a obesidade.
  5. Evitan infeccións resistentes.
  6. Axudan a reducir as alteracións reprodutivas.

Ademais, son numerosas as vantaxes do consumo de produtos ecolóxicos, xa que son nutritivos, saudables, aseguran unha máxima garantía de calidade e son desenvoltos sen ningún tipo de químico.

Normalmente, as persoas que os adquiren son aquelas que se preocupan polo seu benestar e saúde, polo que é complicado coñecer ao 100 % se axudan realmente a evitar enfermidades coma o cancro; aínda así, si que sabemos que axudan a levar un estilo de vida máis controlado e cunha dieta de maior calidade.

Ademais, hai que ter en conta que estamos a falar tamén de alimentos cun gran sabor, o que establece unha gran diferenza con respecto a aqueles que son convencionais.

Axuda para preservar o medio

Xa sabemos que os beneficios para a saúde son numerosos, pero non hai que esquecer que o ecolóxico tamén axuda á preservación do medio ambiente, máis concretamente á do solo e a da auga.

Dúas das principais características da agricultura ecolóxica son a rotación de cultivos e o emprego de fertilizantes naturais. Grazas a isto conséguense manter as propiedades do solo e evitar unha contaminación grazas ás técnicas que se empregan.

No caso dos animais, débese cumprir un proceso similar. É preciso contar cun número determinado de cabezas de gando por hectárea e hai que respectar tamén as condicións do terreo para garantir que non se erosiona o solo.

Apoio para o rural

Ademais, este tipo de iniciativas empresariais son un importante apoio para o rural, xa que serven como inxección económica e como protección para os impactos negativos que supoñen as producións masivas e as grandes industrias alimentarias.