
Ata o vindeiro domingo, Redondela vivirá unha nova edición do seu certame de títeres
15 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Redondela xa cheira a espectáculo coa chegada da 19 edición do Festival Internacional de Títeres. Ata mañá, a programación vai dirixida aos escolares. Despois comezará a programación de salas e á de rúa. Luis Crespo é o director deste evento que atrae 26 compañías nacionais e internacionais.
-¿Os monicreques son un espectáculo infantil?
-Hai para todas as idades. É verdade que os monicreques para adultos ou adolescentes non son demasiado coñecidos e por iso non son habituais nas programacións. Nós pretendemos que cada segmento de idade teña un perfil de espectáculo adaptado para eles; de feito, as programacións de sala, que son as nove da noite, e están pensadas para unhas idades maiores, teñen moito éxito.
-Cumpridos 19 anos, ¿xa se independizou o festival?
-Si, xa pasamos a adolescencia e agora comeza a madurez. Tamén é verdade que agora xa temos un público que gozou de 19 edicións e polo tanto xa estamos falando de que pasaron por Redondela máis de 500 compañías de teatro de títeres. Iso o que fai é subir o listón na programación e na mirada do espectador. Hai unha xeración que medrou cos títeres, e agora trae aos seus fillos para xuntos converter o festival nun punto de encontro interxeracional. Eso fala ben do festival.
-¿As compañías que veñen de fóra xa escoitaran falar de Redondela?
-Si, a nivel internacional, as compañías que andan de xira xa nos coñecen. Unha das premisas do festival é coidar moitísimo ás compañías. Se as mimamos en todos os aspectos, van dar o mellor de se mesma e transmitirlle ao espectador toda a forza do títere. Nótase moito cando un artista traballa contento. Dende que chegan a Redondela ata que marchan, cada compañía ten unha persoa que as vainas acompañar en todo momento.
-¿Que función ten a campaña escolar?
-Por ela pasan máis de 3.000 rapaces. Pensamos dende o festival que os rapaces deben medrar no hábito de acudir ao teatro. Nós o facemos ademais con compañías de altísimo nivel. É un esforzo grande, pero é necesario porque estes nenos son o futuro. Algún día, algún deles será o director, o coordinador ou axudará a facer este festival.
-¿Como vai ser este ano o especial ruada?
-Projeto EZ tráenos un submarino que vai estar pola vila. Dende hai uns anos, o especial ruada está funcionando moi ben porque converte ao espectador en protagonista. Nós falamos coa compañía e lle explicamos que queremos implicar á xente no espectáculo. Nós levamos de todo e transformamos aos espectadores para que participen. Este ano, irán vestidos de animal mariño, especialmente choco, para ir de ruada co submarino por Redondela.