Kristina Berg felicita a Víctor Freixanes e desexa que a editorial «non perda o rumbo que marcaron Piñeiro e Carlos» A noticia do inminente nomeamento de Víctor Fernández Freixanes director xeral de Galaxia como substituto de Carlos Casares, falecido o pasado 9 de marzo, foi acollida con sorpresa pola familia do escritor. A súa viúva, Kristina Berg, declarouse onte «sorprendida de enterarme pola prensa, e porque toda a xente de Galaxia, a redacción da revista Grial, o propio consello de administración e a xente vencellada á editorial coñecían o desexo de Carlos de que Damián Villalaín fose o continuador do seu labor». O malestar non ten que ver con Freixanes, ó que felicita, senón co cambio de rumbo que revela a forma de levar o proceso.
CONCHA PINO