TEMA Festival de Teatro Galego

Últimos artículos publicados

08 sep 2000

Boas horas para o teatro galego

Orballo afronta a recta final do festival e o Concello prepárase para o primeiro certame de animación na rúa O Festival de Teatro Galego afronta xa a recta final dunha exitosa semana, na que os carballiñeses puideron disfrutar das mellores montaxes da escea galega do último ano. Este será, sen embargo, un punto e seguido para os espectadores da vila, posto que o vindeiro luns iniciarase o Festival de Rúa e Animación, organizado polo Concello de O Carballiño.

SUSANA PÉREZ

07 sep 2000

Novo éxito do teatro galego

A compañía de Roberto Vidal Bolaño presenta hoxe en O Carballiño «Criaturas» O público de O Carballiño apoiou coa súa presencia, por segunda vez, o Festival de Teatro Galego. O auditorio da vila quedouse de novo pequeno para acoller a representación de Ollomoltranvía, ó igual que acontecerá con Sarabela Teatro e O lapis do carpinteiro. Ñikiñaque colleitou éxitos entre os máis pequenos e tamén os maiores.

SUSANA PÉREZ

06 sep 2000

Bolaño presenta no festival de teatro «Sen ir máis lonxe»

A primeira representación, «O lapis do carpinteiro», logrou enche-lo Auditorio A compañía ourensana Sarabela gañou, un ano máis, o favor do público carballiñés na sesión inaugural do Festival de Teatro Galego. O Auditorio da vila quedouse pequeno para acoller a primeira das seis representacións teatrais das que os aficionados ó teatro poderán disfrutar ata o vindeiro 10 de setembro _día no que se pecha a decimoquinta edición do FTG, organizado polo colectivo cultural Orballo_.

SUSANA PÉREZ

04 sep 2000

O Festival de Teatro Galego levanta o telón coa obra «O lapis do carpinteiro»

Orballo destaca o éxito da venda de bonos, máis de cen, nos días previos ó certame que se inaugura hoxe Os escenarios carballiñeses levantarán hoxe o telón para acoller un dos éxitos de público da tempada, «O lapis do carpinteiro». Coa representación da obra de Sarabela darase por inaugurada a decimoquinta edición do Festival de Teatro Galego. O Carballiño estará durante os próximos cinco días no punto de mira da escea galega.

SUSANA PÉREZ

01 sep 2000

Orballo amosará no festival de teatro o máis representativo da escea galega

Os últimos traballos de Ollomoltranvía, Sarabela, Celso Parada e Vidal Bolaño estarán presentes no certame Poucas novidades na presentación da programación do Festival de Teatro Galego. Orballo aposta sobre seguro e leva a O Carballiño os último traballos de Ollomoltranvía, Sarabela Teatro e Celso Parada, montaxes todas elas que veñen respaldadas por un éxito de público. O certame incorpora como novidade a compañía «Manivela & Galería», de recente creación, pero con vellas caras coñecidas do teatro galego como Ernesto Chao e Rosa Álvarez. Os espectadores poderán mercar, a partir de hoxe mesmo, os bonos que o colectivo poñerá a disposición do público nas rúas de O Carballiño e en taquilla unha hora antes das dúas primeiras sesións. A primeira cita será no Auditorio ó próximo 5 de setembro.

SUSANA PÉREZ

28 ago 2000

El PP reclama a Vázquez las cuentas de las últimas cinco Festas do Setembro

El Bloque afirma que «sempre se presentou un balance sobre os diñeiros públicos investidos na celebración do San Cibrao» Los populares acusan al alcalde de O Carballiño «de se-lo único que non presenta balances económicos». El PP reclama a Pachi Vázquez las cuentas de las Festas do Setembro, «dende o ano 1995», así como las del Pulpo. De esta forma, el principal grupo de la oposición responde a las declaraciones del regidor carballiñés, quien acusaba a Orballo de utilizar el Festival de Teatro Galego para su lucro económico. La portavoz «popular», Dolores Rodríguez Seijas, defiende la gestión del colectivo y exige a Vázquez «que demostre públicamente que o que dí é certo» o, en caso contrario, «dimita». Los populares dicen que las afirmaciones del alcalde «levan implícito un desprezo absoluto ás persoas que dende sempre disfrutamos dun festival teatral».

SUSANA PÉREZ

25 ago 2000

Vázquez considera que Orballo usa el festival de teatro para su lucro económico

El regidor carballiñés afirma que «o colectivo nunca realizou un balance de contas do festival nin unha soa asamblea» «A asociación cultural Orballo é un negociete que teñen montado tres señores para trincar diñeiro público». Así de contundente se mostraba ayer el alcalde carballiñés, después del cruce de declaraciones entre el colectivo Orballo y el concejal de Cultura. Pachi Vázquez alude al «oscurantismo económico dun colectivo que nunca presentou balance económico algún tra-la realización do festival». El regidor carballiñés avaló el trabajo realizado por el concejal de Cultura, Francisco Rodríguez, y destacó el hecho de que «dende este departamento lévase loitando fai tempo polo teatro ó aire libre e a creación deste primeiro certame na rúa, paréceme unha aposta moi intelixente». Vázquez define este como uno de los mejores veranos culturales.

SUSANA PÉREZ