Buscas algo para entreterte este sábado na Costa da Morte? ¡Toma nota! 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Foliada na Ameixenda, en Cee, o pasado ano 2024
Foliada na Ameixenda, en Cee, o pasado ano 2024 ANA GARCIA

Arte balear en Camariñas, Letras Galegas, xuntanza de maiores, teatro, literatura, foliada... Hai ben onde elixir! 

03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ademais das actividades conmemorativas das Letras Galegas previstas para hoxe en Carballo e Muxía —ver aquí e aquí—, a Costa da Morte acollerá este sábado diversa programación cultural e de ocio, entre a que destaca a inauguración de dúas exposicións de arte balear.

Ambas mostras serán en Camariñas, se ben unha no faro Vilán, con apertura ás 09.30 horas, e outra no Museo Man de Camelle, ás 19.00. Senalles, 24 cestos intervidos por artistas populares, é o que se exporá no faro, mentres que en Camelle se instalará Mujeres en la India, obras resultado da estancia de oito creadoras na Fundación Vicente Ferrer, na India. Un coro balear e outro local acompañará esta última inauguración —19.00—, á que hai que sumar pola mañá unha pequena mostra de arte no porto da vila do encaixe. Todo é de acceso libre

Malpica reúne aos seus maiores

Hoxe • O Concello de Malpica programou para hoxe a terceira Xuntanza dos Maiores, cita moza mais xa consolidada no almanaque local e que reunirá aos maiores do municipio nun contexto de festa, convivencia e música en directo. O encontro está previsto a partir das 13.00 horas, no Campo da Festa de Seaia, e terá a actuación do trío Rosel. Cun prezo de 20 euros por persoa, o menú incluirá empanada, polbo, carne asada e a correspondente sobremesa. Debe terse inscrito previamente para poder acudir.

Teatro, danza, literatura e máis

ZasSegunda parada da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, de iniciativa municipal. Ás 21.00 horas, no auditorio municipal, Camiños e carreiros, comedia de Andaravía Teatro (Vedra) para todos os públicos, con acceso libre. Doutro lado, das 20.00 en adiante, haberá baile social no centro sociocultural amenizado pola artista carballesa Rocío Pérez.

VimianzoO artista Antón Yaguas, un dos beneficiarios das Residencias Paraíso do Colectivo RPM, exporá hoxe un avance da súa proposta Open Call na Casa da Cultura: 19.30, acceso libre. Un proceso dancístico no que vén traballando dende o 21 de abril precisamente neste espazo.

Muxía • No cámping Lago-Mar, ás 10.00 horas, Xornada de plantas silvestres comestibles da beiramar: Sabores espontáneos. A actividade ten un custe de 29 euros para adultos, 12,5 para nenos: en info@campinglagomar.es.

CeeNa Ameixenda, ás 20.00, segunda Foliada Fillas de María. Antes, ás 19.30, presentación do libro Cantareiras, de Icía e X. Manuel Varela.

Vermú e verbena • En Malpica, na praza Villar Amigo, sesión vermú solidaria en favor de O Legado de Max e Malpica Felina (13.00). Na rúa Carballo Calero de Carballo, a partir das 20.00, nova edición da xa tradicional Boly Party: Joyse, Kike Varela, Rokiño, Rakso...