
Esa foi a pregunta á que tiveron que enfrontarse os dous grupos finalistas da Olímpiada Cultural «O Saber ten premio», no instituto Fernando Blanco de Cee
18 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A voltas coas graduacións, cos exames ou mesmo coa PAU, quedou tempo no instituto Fernando Blanco de Cee para celebrar, o pasado venres, a 14.ª edición da súa Olimpíada Cultural «O saber ten premio». A actividade é xa identidade deste centro educativo, e ten dúas fases. A primeira é de preguntas a desenvolver na plataforma ou aula virtual do proxecto, resolvento 30 cuestiónstipo test en 20 minutos, seleccionadas dun gran banco arredor de contidos impartidos nas materias. Desas semifinais quedan tres equipos, que chegan á gran final, xustamente a celebrada o venres.

Acudiron ao IES Fernando Blanco representantes das empresas patrocinadoras, Xeal, Gerca e Ferretería Roget, ademais da dirección do centro e a inspectora de Educación. Os tres equipos disputaron unha primeira fase de preguntas, de novo en directo e nun salón de actos cheo. Plato Hondo e Plato Llano foron os que lograron maior puntuación, deixando de terceiros a Equipo Rai. Entre eles chegou o gran debate, baixo o tema «Deberíase limitar o crecemento do turismo na Costa da Morte?». Houbo respecto, houbo datos, houbo defensa de cada unha das posturas, sorteada nese intre. Resultou gañador Plato Hondo.

Agradece o IES Fernando Blanco ás empresas patrocinadoras, aos equipos, ás preparadoras do debate, ao formador Juan Santamaría, ao presentador Paulo Calvo, ao xurado é a comisión orgaizadora.