Así es el restaurante Terra de Fisterra, el último gallego en la constelación de las estrellas Michelin

Antón Lestón / J. V. Lado REDACCIÓN / LA VOZ

FISTERRA

Salón del restaurante Terra de Fisterra
Salón del restaurante Terra de Fisterra Nerea Diaz Papin

El joven chef Brais Pichel explica lo que hacen en su pequeño establecimiento situado a pie de puerto y de playa en Fisterra

28 nov 2023 . Actualizado a las 23:49 h.

El fisterrán Brais Pichel, cosecha de 1992, lleva solo tres veranos con local propio en Fisterra, pegado al mar, en el paseo da Ribeira. No es precisamente nuevo, porque su familia regenta la parrillada A Lareira, también en la localidad, y él se formó en el Centro Superior de Hostelería de Galicia, con Nacho Manzano en Casa Marcial (Asturias) y con Álvaro Garrido en Mina (Bilbao). 

Con apenas media docena de mesas y un menú que ha ido creciendo hasta los 10, 11, 12... platos con un precio más que contenido ha conseguido uno de los locales que más está dando que hablar en la Costa da Morte. De hecho, en apenas unos meses ha conseguido un Sol Repsol y la nominación a varios premios, como el Cocinero Revelación de Madrid Fusión, The Fork o TripAdvisor, antes de la ansiada estrella Michelin, que le concedieron en la gala celebrada en Barcelona este martes.

Justo antes de que empezase la gala, él mismo definía así lo que están haciendo en Terra.

Brais Pichel, chef del restaurante Terra de Fisterra
Brais Pichel, chef del restaurante Terra de Fisterra .

—Terra xa é o que visualizaba ao comezar?

—Eu tiña un enfoque sobre o que quería facer. E iso era utilizar produto propio, da terra, pero buscando un elemento distintivo. Non sabiamos como aplicalo ao inicio. Comezamos con menú e carta, pero a carta non funcionaba moi ben, porque a xente quería un sitio como os outros pero nun espazo novo. Deixamos só o menú e a partir de aí fomos ampliando oferta e a xente comezou responder. Iso deunos pé a ir creando cousiñas novas e así ata agora. Fomos ampliando. De sete pratos, o menú pasou a doce ou trece. Tamén incrementamos o noso receitario usando cousas que están máis de moda, como as fermentacións. Todo buscando unha personalidade máis propia a través dalgúns elementos, como coa sobremesa que facemos de limón e algas. Todo buscando a aceptación do público, porque non se nos esquece que isto é un negocio e que hai que gañar cartos.

Los hermanos Cancela, de Carballo, con Brais Pichel, del Terra (Fisterra)
Los hermanos Cancela, de Carballo, con Brais Pichel, del Terra (Fisterra)

—Iso fala da valentía de montar un destes locais en Fisterra.

—Ao final teño inquietudes. Ao mellor con 50 anos xa non, pero eu quero facer cousas. E eu notaba que temos a sorte de ter moito produto da zona e que lle podiamos aportar ese elemento distintivo. Acompañar modernidade e tradición. Sabemos que temos boa carne e bo peixe, pero podemos harmonizalo con algo máis alá dunhas patacas cocidas ou fritidas. Igual ese é o problema agora, que nos limitamos a iso, en cambio en Galicia penso que aínda o podemos explotar por mil, queda moito camiño por percorrer para darnos un pouco de importancia e máis prestixio.

—Hai uns meses consideraba que era moi pronto postularte para a estrela Michelin...

—Parecíamo. E segue parecéndomo. Levabamos xa un mes antes de recibir a invitación no que a xente nos viña dicir isto... E eu ríame porque parecíame imposible. Xenial porque se pensaban que era merecedor deste premio xa era un recoñecemento moi grande, pero é demasiado, e incluso pronto. Somos moi pouquiños no equipo, estamos aí en Fisterra apartados... É moi complicado. Agora imos seguir tranquilos. Nestes momentos toca gozar disto, porque sempre vés con moita ilusión pero tamén con algo de medo, e mañá [por hoxe] a traballar. O WhasApp, as redes sociais... ferven, pero nós imos tentar seguir tranquilos, porque somos poucos e se che vén moita xente xunta pódenche coller nun renuncio e nós o que queremos e poder atender ben a todo o mundo. Pero iso si, estou moi contento por min, por nós, e pola comarca, por toda a Costa da Morte.