Bacallao con cuscús
Beatriz Sotelo presenta un prato a medio camiño entre Galicia e a cociña oriental: fantásitco para descubrir novas opcións de cenas
- 2 racións de bacallao desalado
- 150 gr. de cuscús
- Un tomate fresco
- 40 gr. de queixo fresco/feta
- 5 follas de menta
- 1 lima
- Especias ao gusto
- Aceite de oliva
- Sal
Dunha banda preparamos o ballaco. Para iso o primeiro é calentar ben a prancha, engadir un chorro de aceite e marcar polo lado da pel, cociñar 4 minutos e darlle a volta, rematar de cociñar e empratar
Sabemos que está listo porque se desfai en lascas
Dependendo do grosor do bacallao tardará máis ou menos
Podemos utilizar outro peixe como pescada ou lubina; estará igual de bo
Para facer o cuscús poñemos auga a ferver e unha vez a teñamos engadimos este alimento. O cuscús son granos de sémola de trigo duro, polo que temos que ter en conta a cantidade de auga para a cocción. Tarda moi pouco en cocer, de feito é mellor apagar o fogo en canto ferva e deixar que absorba toda a auga
Deixar enfriar e sazonar, engadir o tomate e o queixo en dados, a raiadura de lima, o zume exprimido, as especias e a menta picada
Podemos utilizalo dun día para outro
Comentarios