Lubina guisada
El chef Antonio Botana quere contentar a aqueles que gostan da cociña máis tradicional cun prato que nunca falla
La Voz de Galicia
Ingredientes
- 1 lubina grande
- 3 patacas
- 1 cenoria
- 1 rama de apio
- 1 cebola e media
- 1 porro
- Medio pemento vermello
- 1 culler de tomate concentrado
- 1/2 culler de pimentón dulce
- 1/2 culler de pimentón picante
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
Instrucciones
Desespinamos e fileteamos a lubina e reservamos as espiñas, que meteremos nun cazo coa cenoria, media cebola, apio e porro e cubriremos de auga, deixando cocer durante 30 min.
Por outro lado, picamos unha cebola e o pemento vermello e deixamos pochar ata que caramelice, para logo engadir o concentrado de tomate e os pimentóns.
No caldo de peixe xa colado cocemos as patacas cortadas en cachelos, que unha vez cocidas engadiremos ao sofrito con caldo que as cubra. Agregamos un puñado de xudías verdes cortadas en trozos e rematamos de cocer por 5 min. Apagamos o fogo e metemos a lubina en trozos que se cocinará coa calor residual do guiso.
Empratamos.
Comentarios