02 abr 2026
Lugo entra no mapa europeo da artesanía: «O claustro da Catedral converterase nun taller aberto»
A Asociación Lucense de Artesáns organiza «Oficios á luz do claustro», un encontro singular que propón ao público unha inmersión «pausada, consciente e sensorial» nos oficios artesáns. Serán obradoiros gratuítos o venres 10 con motivo dos Días Europeos da Artesanía