22 ene 2025
A última lección de Superpiñeiro: «A vida é unha tómbola na que toca o que toca, hai que pelexar!»
«Se vas de sobrado, acabouse a túa carreira», dicíanos o presentador Xosé Manuel Piñeiro en novembro do 2019, tras os seus dez primeiros meses de loita contra o mieloma múltiple que sufriu. Piñeiro reforzaba nas distancias curtas a súa condición de supercurrante e fronte á enfermidade sacaba forzas da vocación por vivir. «Síntome un pouco coma as miñas señoras de 60 anos que poñen o mundo por monteira». Hai moitas frases para enmarcar deste súper que admiraba a Pippi Mediaslongas, Juan Pardo e Raphael