¿Sen plan de sábado na Costa da Morte? Bótalle un ollo a todos estes

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CEE

Voa, Voa, de Talía Teatro, poderá verse hoxe en Muxía
Voa, Voa, de Talía Teatro, poderá verse hoxe en Muxía BASILIO BELLO

Axenda diaria | Hai un mundo de propostas para este 11 de outubro na comarca. De cabo a rabo 

11 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ademais da proposta teatral das 20.30 horas en Vimianzo (Neura, con De Ste Xeito Producións, ver aquí), todas estas citas para hoxe, sábado, na Costa da Morte

Carballo • Xornada intensa no Festival Internacional Outono de Teatro. Na sección En Paralelo, lectura dramatizada de Titzina Teatro, ás 12.00, no Pazo (salón social). En Micro Escenas (Metro Cadrado), primeiras representacións desta 34.ª edición neste ciclo para novas linguaxes emerxentes: unha, «Domitila», con Amparo Martínez, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30, en Interfilm Carballo; outra, «Só son unha moza con rabia», de Silvia Bátega, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30, no Parque das Camelias. En canto ás funcións de sala, poderá verse hoxe «Matres», de Campi qui pugui: 20.00 horas, auditorio do Pazo. Finalmente, na Rúa dos Contos: «Aquí, supercentrúa», de Joaquín Pajarón: 23.00, no mercado.

CeeDentro da conmemoración dos 75 anos da programación do Dogma da Asunción, para hoxe ás 17.00 está prevista na praza 8 de marzo de Cee unha eucaristía sumamente especial que concluirá cunha procesión dende o santuario da Xunqueira, con 12 imaxes de distintas localidades procesionando (18.00). Acompañarán a sección musical Vera Cruz de Santiago, Noroeste de Marín e Banda de Cee. Doutro lado, na Casa da Cultura, ás 20.30, poderá escoitarse a charla A revolta dos irmandiños: entre o pasado e o presente, a cargo de Manuel Gago e dentro do programa O Mes da Fundación.

BASILIO BELLO

Carballo • Velada importante para a asociación San Campio de Cances, que hoxe, ás 21.30 horas no Casino, dará a coñecer cun concerto presentación o disco Live in Cances. DJ Frankestone conducirá este encontro que incluirá actuacións en directo de Versión Imposible, The Cerne, Lowcos, Aquilón, Cantareiras de Cances, Thrust & Music, Paracetafolk e Tu Futura Exmujer. Entrada gratuíta ata completar o aforo. Forma parte da conmemoración dos 25 anos da entidade. Tamén en Carballo, mais pola mañá, a agrupación Un Paso Máis dará inicio aos seus obradoiros de familia: será ás 10.00, igualmente no Casino. O taller de hoxe leva por título Coidar(se) para coidar: autocoidado e benestar para as familias, con Teresa Vilanova.

Finalmente, na capital de Bergantiños, comezan hoxe as festas da Pilarica, como así o anunciarán as bombas de palenque. De noite, verbena con New York e Banda de Ayer, das 22.30 en adiante.

A LarachaA asociación Santa Lucía organiza a 15.ª Festa Gastronómica de Soandres, gran xantar amenizado por Nuria Boreal no que haberá festa infantil e máis sorteos.

ZasComeza unha nova tempada do programa de baile para maiores: de 19.00 a 22.00, centro sociocultural, amenizado por Mar da Vila.

A Laracha • Nova posibilidade para visitar o castro de Montes Claros da man da arqueóloga Puri Soto. Ás 11.00, sen necesidade de inscrición.

MuxíaAcolle o cámping Lago-Mar, a partir das 18.00 horas, a gravación do pódcast Antonte e pasadomañán: hostalaría na Costa da Morte. Participarán Miguel Pose, de As Baleas; Miguel Ézara, de Cash Record e Álex Barreiro, de Terra (Fisterra). Doutro lado, ás 18.00 no Salón do Voluntariado, público familiar poderá gozar da peza Voa, voa!, de Talía Teatro.

LaxeChega unha das primeiras citas coa micoloxía deste outono. Ás 10.00, no Concello, charla impartida pola asociación Pan de Raposo, con posterior saída ao monte para buscar cogomelos. Organiza a área de Comercio, Hostalaría e Turismo.

CorcubiónDentro da conmemoración do Día da Muller Rural, o Concello programou para hoxe a presentación do libro-receitario Cociñas xuntas: da supervivencia ao benvivir. Será na Capela do Pilar, pero ollo, ás 19.00 horas, non ás 18.00, como estaba previsto.