Alba Tuñas e Israel Temprano: «Coas baterías dos coches eléctricos hai moitos mitos, duran moito e degrádanse pouco»
«De 0 a 100» achégase á cátedra LISTE-Resonac, na que esta última empresa, líder mundial na produción de grafito industrial, colabora con investigadores do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade de A Coruña co obxectivo de mellorar o almacenamento de enerxía en baterías. O programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación levou aos seus responsables a explicar o proxecto ao IES Monte das Moas da cidade herculina.