César de la Fuente, en «De 0 a 100»: «Obtenemos potenciales antibióticos en horas, en vez de en años de trabajo»

DE 0 A 100

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / JORGE GARCÍA / ÁNGEL MANSO

O biotecnólogo e catedrático da Universidade de Pensilvania volveu ao que foi o seu instituto, o IES Eusebio da Guarda de A Coruña, para detallar no programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación, como aplica a intelixencia artificial na loita contra virus e bacterias superresistentes

22 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Premio Princesa Girona de investigación, premio Fleming da Sociedade de Microbioloxía ou ter sido recoñecido nos EE.UU. como «mellor investigador mozo» pola American Chemical Society; son só algúns dos galardóns que acumula con menos de 40 anos o coruñés César de la Fuente. Biotecnólogo licenciado en León, realizou estudos postdoutorais na universidade British Columbia de Vancouver. A esa formación engadiu investigacións en ciencias da computación no MIT de Massachussets, liderando hoxe o Machine Biology Group da Universidade de Pensilvania. Un equipo de investigadores que co emprego de intelixencia artifical aplicado á bioloxía busca novos antibióticos que eviten a cada vez maior resistencia das bacterias. Segundo a OMS, as chamadas superbacterias, resistentes aos medicamentos actuais, poderían chegar a causar segundo a Organización Mundial da Sáude (OMS) dez millóns de mortes en 2050. 

«Aún es pronto para hablar de ensayos clínicos y ver resultados en humanos, pero hemos conseguido ganar ya mucho tiempo. Pasar de la recogida de muestras en suelo o en agua, del ensayo-error, a tener potenciales antibióticos en horas en vez de en años de trabajo», explicou De la Fuente no IES Eusebio da Guarda da cidade da Coruña, onde estudou. Sendo un rapaz, era xa amante das ciencias, «pero no era especialmente buen estudiante, sacaba 7, algún 8».

Hoxe, o equipo multidisciplinar que coordina, con presencia de químicos, informáticos ou biólogos, produce moléculas aplicando a IA e algoritmos, que salvarán vidas no futuro e que «son ya muy eficaces en los modelos preclínicos». «Necesitas buenos datos, crear modelos de predicción acertados y lo estamos consiguiendo. Si en 2021 en las evaluaciones que hacíamos, las máquinas estaban en lo cierto en un 59 %, ahora estamos en un 97 %», detallou sobre esta tecnoloxía «revolucionaria».

No centro da imaxe, César de la Fuente, xunto a directora do IES Eusebio da Guarda, Isabel Ruso, que chegou a darlle clase. Á dereita, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que asistiu á entrevista realizada por Iago García. ubicado á esquerda.
No centro da imaxe, César de la Fuente, xunto a directora do IES Eusebio da Guarda, Isabel Ruso, que chegou a darlle clase. Á dereita, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que asistiu á entrevista realizada por Iago García. ubicado á esquerda. ANGEL MANSO

«Es una colaboración muy divertida entre la máquina y la capacidad humana de poder validar todo en un laboratorio científico como el nuestro», engadía sobre como é o seu traballo.

Alumnos de segundo de bacharelato deste instituto coruñés asistiron á charla. Tamén estivo presente na bibiloteca do centro como oínte o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen brindou apoio a De 0 a 100, programa de entrevistas que achega a experiencia de profesionais líderes en diferentes ámbitos ás aulas