Cortegada e unha ruta de marisqueo, a recepción de Vilagarcía a Navega o Camiño
SOMOS MAR

A iniciativa que impulsa a navegación a vela como forma de peregrinar a Compostela arriba mañá á capital arousá
17 jun 2021 . Actualizado a las 08:11 h.O Concello de Vilagarcía xa ten todo listo para recibir mañá venres o Navega o Camiña, a iniciativa que impulsa a navegación a vela como outra forma de peregrinar a Compostela. Para recibir ás algo máis de corenta persoas que participan nesta travesía, a Concellería de Turismo organízalles unha visita á illa de Cortegada e, dado que a edición deste ano está dedicada á Muller e o Mar, tamén unha ruta marisqueira para que coñezan a labor das mariscadoras. En colaboración coa Mancomunidade do Salnés, tamén se lles invitará a coñecer «A Orixe de todos os Camiños» realizando o tradicional viacruis marítimo-fluvial dende Cortegada ata Padrón.
A escala de Vilagarcía é a penúltima da Travesía Navega O Camiño que partiu o pasado 4 de xuño do porto de Hondarribia, no País Vasco. Co lema de «A Muller e o Mar», a travesía márcase como meta este ano dar visibilidade á contribución da muller no desenvolvemento do sector marítimo e a gran variedade de profesionais existentes relacionados co amplo e variado mundo do mar.