A construcción do embalse de Fervenza, que asolagou unha boa parte das súas leiras, cambiou o curso da pequena historia desta parroquia A parroquia de Brandoñas ocupa o extremo meridional do Concello de Zas, feito compartido coa de Brandomil. É a última que quedaba por estudiar dentro do concello e, como nas anteriores, o que segue é froito da investigación conxunta de Xosé María Lema e de quen suscribe. Nesta localidade hai un feito verdadeiramente protagonista: a auga. Un importante espacio de Brandoñas está baixo o encoro de Fervenza. A metade dos lindes son con Mazaricos (Alborés e Baos, sur), Vimianzo (Baíñas, oeste), Brandomil (leste) e Muíño (norte). Está plenamente integrada na comarca da Terra de Xallas, en tódolos aspectos, agás os administrativos.
EVARISTO DOMÍNGUEZ RIAL