11 may 2023
Malores Villanueva, a memoria final de Fernández del Riego: «Don Paco sempre estaba facendo país, ata cando ía a Balaídos»
Maniático, xeneroso, hiperpuntual, festeiro e de chanzas, a Del Riego chamábano O Bicicleta polo rápido que era. «El é o século XX de Galicia», afirma Malores Villanueva, que tratou o autor os últimos anos, nas derradeiras horas, e firma un retrato que achega a cara íntima do Xoán XXIII da Real Academia Galega