04 mar 2026
A gran acollida en Santiago da XX Campaña de Animación á Lectura: «Había moita fame dela e notamos o entusiasmo de profesores e rapaces»
A iniciativa, organizada polo Concello, en colaboración con Kalandraka e Afundación, encara a súa recta final na Casa Grande do Pozo da Rúa do Vilar. Recuperada sete anos despois da pandemia, recorre, entre talleres, contos e música, os sete últimos libros premiados co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado